10º Edición: Curso básico en igualdade laboral (8h)
Este curso, totalmente gratuíto, facilita ao tecido empresarial a incorporación da igualdade laboral, acercando os coñecementos necesarios sobre a negociación dos plans de igualdade, diagnose, igualdade retributiva, medidas para fomentar a igualdade laboral e os protocolos para loitar contra o acoso sexual e por razón de sexo.
Composto por 3 módulos impartidos de forma pre-gravada por persoas expertas na materia.
O alumnado poderá acceder aos contidos formativos, ás pílulas audiovisuais e ás preguntas frecuentes correspondentes a cada un dos módulos que comprende o curso durante todo o período de realización do mesmo.
Nivel básico
Personal laboral de pemes galegas e interlocutores sociais de Galicia.
Entre o 15/05/2023 e o 09/06/2023.
Para a súa realización se disporá das 24 horas do día, todos os días da semana.
O prazo de inscrición finaliza o 12 de maio de 2023.
Prazas limitadas.
Información mantida e publicada na Internet pola Xunta de Galicia