Canle de denuncia e protocolos de actuación fronte ao acoso

Formación en liña de 2 horas en materia de Igualdade Laboral a través da cal facilitarase ao tecido empresarial, aos e ás profesionais do sector e ás persoas traballadoras interesadas unha aproximación ás obrigas derivadas da Lei 2/2023, de 20 de febreiro, reguladora da protección das persoas que informen sobre infraccións normativas e de loita contra a corrupción, e orientacións para integrar o sistema interno de información e os protocolos ou procedementos existentes nas empresas para a prevención e actuación fronte ao acoso.

2 horas

En liña

Idioma: galego

Certificado de aproveitamento ao completar o taller

Docente

Sandra García Lombardía, Inspectora de Traballo e Seguridade Social

Aprende ao teu ritmo

O taller formativo levarase a cabo a través dunha sesión en liña que se celebrará o 3 de decembro de 2024 en horario de tarde (de 16:00 a 18:00 h), permitindo que as persoas participantes intercambien coñecementos e experiencias entre elas.

Que inclúe este taller?

Aproximación á Lei 2/2023: antecedentes, finalidade e ámbito de aplicación

Sistema interno de información e canal de denuncias no sector privado e no sector público

Canais externos de información: Autoridade Independente de Protección do Informante (AAI) e Autoridade Galega de Protección da Persoa Informante.

Medidas de protección das persoas informantes

Protección de datos persoais

Responsabilidades administrativas e penais

Protocolos de actuación fronte aos delitos e conductas contra a integridade moral e a liberdade sexual no traballo.

Protocolos de actuación fronte ao acoso e a violencia contra as persoas LGTBI nas empresas.

Cal é a estrutura e o desenvolvemento deste curso formativo?

A duración desta sesión será de 2 horas e adecuaranse á seguinte estrutura:

16:00 – 16:10 h Presentación do taller

Representante da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais da Xunta de Galicia

16:10 – 17:45 h Canle de denuncia e protocolos de actuación fronte ao acoso

Sandra García Lombardía, Inspectora de Traballo e Seguridade Social

17:45 – 18:00 h Rolda de consultas

Se quere obter o certificado de aproveitamento do taller, ademais de ter asistido á sesión en liña, deberá responder satisfactoriamente, polo menos o 70 % das cuestións expostas no test de avaliación que estará a súa disposición no Campus en liña.

Duración

Entre o 03/12/2024 e o 10/12/2024.
O taller levarase a cabo a través dunha sesión en liña que se celebrará o día 3 de decembro de 2024 de 16:00 a 18:00 h.

Ase mesmo, as persoas participantes terán ata o martes 10 de decembro de 2024 para responder o test de avaliación posto a súa disposición a través do campus en liña. Para a súa realización se disporá das 24 horas do día, todos os días da semana.

Inscrición

O prazo de inscrición finaliza o 29 de novembro de 2024 ás 23:59 horas.

Prazas limitadas.
Quero inscribirme ao taller.