Formación mixta de 2 horas en materia de Igualdade Laboral a través da cal se pretende examinar como podemos mellorar a conciliación da vida persoal, familiar e laboral a través da prevención dos riscos psicosociais con perspectiva de xénero
2 horas
Presencial ou por streaming
Idioma: galego
Certificado de aproveitamento ao completar o taller
Docente
Sandra García Lombardía, Inspectora de Traballo e Seguridade Social
Aprende ao teu ritmo
O taller formativo levarase a cabo a través dunha sesión presencial que se retrasmitirá por streaming e que se celebrará o 28 de abril de 2026 en horario de tarde (de 16:30 a 18:30 h) en Coruña (Centro de Orientación, Emprendemento, Acompañamento e Innovación para o Emprego de Galicia, R/Rafael Alberti, n.º 4 bajo 15008 A Coruña), permitindo que as persoas participantes intercambien coñecementos e experiencias entre elas.
Que inclúe este taller?
Analizar a relación existente entre a prevención dos riscos psicosociais e a conciliación da vida familiar, persoal e laboral, incidindo en:
- A importancia da prevención dos riscos psicosociais para a consecución da igualdade de xénero
- A interacción da vida persoal e familiar e o traballo como factor de risco psicosocial
- Medidas, ferramentas e estratexias para mellorar a conciliación da vida persoal, familiar e laboral a través da prevención dos riscos psicosociais
- Papel da parte empresarial e da parte social na definición destas medidas
- Tutela administrativa nesta materia: intervención da Inspección de Traballo e Seguridade Social e efectos nas prestacións de Seguridade Social
Cal é a estrutura e o desenvolvemento deste curso formativo?
A duración desta sesión será de 2 horas e adecuaranse á seguinte estrutura:
16:00 – 16:30 h Café de benvida
16:30 – 16:40 h Presentación da xornada
Pablo Fernández López. Secretario Xeral de Emprego e Relacións Laborais da Xunta de Galicia
16:40 – 18:15 h Os riscos psicosociais e a súa relación coas accións de conciliación
Sandra García Lombardía. Inspectora de Traballo e Seguridade Social
18:15 – 18:30 h Rolda de consultas
Consulta o programa da xornada: Aquí.
Duración
Entre o 28/04/2026 e o 05/05/2026.
O taller levarase a cabo a través dunha sesión presencial retrasmitida por streaming que se celebrará o día 28 de abril de 2026 de 16:30 a 18:30 h.
Ase mesmo, as persoas participantes terán ata o martes 5 de maio de 2026 para responder o test de avaliación posto a súa disposición a través do campus en liña. Para a súa realización se disporá das 24 horas do día, todos os días da semana.
Certificado de aproveitamento
Se quere obter o certificado de aproveitamento do taller, ademais de ter asistir á xornada, presencialmente ou por streaming, deberá responder satisfactoriamente, polo menos o 70 % das cuestións expostas no test de avaliación que estará a súa disposición no Campus en liña.
Inscrición
- Para asistencia presencial: prema Aquí.
- Para streaming: accede coas túas credenciais ao Campus en liña de Igualdade Laboral e inscríbete no taller.
O prazo de inscrición finaliza o 27 de marzo de 2026 ás 23:59 horas.