O principio de igualdade. A orixe socio cultural das diferenzas de xénero. Situación do emprego feminino/coidados

Formación en liña de 4 horas en materia de Igualdade Laboral a través da cal se pretende afondar sobre a orixe socio cultural das diferenzas por razón de xénero e de sexo. Conceptos e datos estatísticos.

  • 4 horas
  • En liña e ao teu ritmo
  • Dispoñible no teu móbil
  • Idioma: galego
  • Certificado de aproveitamento ao completar o taller

Docente

Mónica González Otero, Inspectora de traballo e seguridade social​

Aprende ao teu ritmo

O taller levarase a cabo a través dunha sesión en liña que se celebrará o 10 de febreiro de 2025 en horario de tarde (de 16:00 a 20:00 h), permitindo que as persoas participantes intercambien coñecementos e experiencias entre elas.

Que inclúe este curso?

  A construción social e cultural: o xénero

  O xénero: determinación dos comportamentos, as expectativas, os roles, as tarefas, os mandatos sociais e o poder que se asigna ás persoas en función do sexo asignado e de se é considerado home ou muller

  Sistema sexo-xénero

  División sexual do traballo

  Feminismo e novas masculinidades

  Inclusión transversal da perspectiva de xénero

  Conceptos:

– Androcentrismo

– Sexismo

– Feminismo

– Patriarcado

  Emprego feminino/coidados. Datos estatísticos

  A desigualdade no mercado de traballo: datos estatísticos que a explican

  A fenda salarial e o teito de cristal. Causas destes fenómenos

  Conciliación, traballo e familia

  As mulleres no mercado laboral: ocupación e formación

  A parcialidade na contratación

  A división sexual do mercado de traballo (traballos feminizados e masculinizados)

  A desigualdade perpetua: a fenda das pensións

Cal é a estrutura e o desenvolvemento deste curso formativo?

A duración deste taller será de 4 horas e este adecuarase á seguinte estrutura:

  • 16:00 – 16:05 h Presentación do taller. Representante da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais da Xunta de Galicia
  • 16:06 –17:35 h A construcción social e cultural. Mónica González Otero
  • 17:35 – 17:55 h Rolda de consultas
  • 17:55 – 18:05 h Descanso
  • 18:05 – 19:35 h Emprego feminino. Datos estatísticos. Mónica González Otero
  • 19:35 – 20:00 h Rolda de consultas

O único requisito para obter o certificado de aproveitamento do taller será asistir a sesión en liña e responder satisfactoriamente, polo menos o 70 % das cuestións expostas no test de avaliación que estará dispoñible no campus en liña.

A quen vai dirixido?

Ás persoas que participan nos procesos de selección, contratación, negociación colectiva, avaliación da actividade preventiva, avaliación de postos de traballo e comunicación e, en xeral en procesos e proxectos que se enmarcan no ámbito das relacións laborais na aplicación do principio de igualdade.

Duración

Entre o 10/02/2025 e o 17/02/2025.
O día 10 de febreiro levarase a cabo a sesión en liña e as persoas participantes terán ata o luns 17 de febreiro para responder o test de avaliación que figurará no campus en liña. Para a súa realización se disporá das 24 horas do día, todos os días da semana.

Inscrición

O prazo de inscrición finaliza o 7 de febreiro de 2025.
Prazas limitadas segundo orde de inscrición.