Formación en liña de 6 horas en materia de Igualdade Laboral a través da cal se pretende afondar sobre a integración da perspectiva de xénero nas condicións de traballo.
6 horas
En liña e ao teu ritmo
Dispoñible no teu móvil
Idioma: galego
Certificado de aproveitamento ao completar o taller
Docentes
Cristóbal Molina Navarrete, Catedrático de dereito do traballo da Universidade de Jaén
Rebeca Pérez Pico, Persoal técnico do gabinete de igualdade do Sindicato Nacional de CCOO en Galicia
Aprende ao teu ritmo
O taller formativo levarase a cabo a través de dúas sesión en liña que se celebrarán o 10 e 12 de marzo de 2026 en horario de tarde (de 16:00 a 19:00 h), permitindo que as persoas participantes intercambien coñecementos e experiencias entre elas.
Que inclúe este curso?
- A perspectiva de xénero na distribución do tempo de traballo:
– Horario e distribución do tempo de traballo, incluidas as horas extraordinarias e complementarias
– Réxime de traballo a turnos - Contratación. O contrato a tempo parcial.
- Permisos E excedencias.
- Modificacións sustanciais das condicións de traballo e xeográficas
- Tipos de suspensión e extinción dos contratos de traballo.
- Medidas de mellora
- Condicións de traballo e saúde laboral en perspectiva de xénero
- Medidas de mellora
Cal é a estrutura e o desenvolvemento deste curso formativo?
A duración destas sesións será de 6 horas e adecuaranse á seguinte estrutura:
1º SESIÓN EN LIÑA: 10 de marzo de 2026
16:00 – 16:10 h Presentación do taller formativo
Pablo Fernández López. Secretario Xeral de Emprego e Relacións Laborais da Xunta de Galicia
16:10 – 18:45 h A integración da perspectiva de xénero nas condicións de traballo
Cristóbal Molina Navarrete. Catedrático de dereito do traballo da Universidade de Jaén
18:45 – 19:00 h Rolda de consultas
2º SESIÓN EN LIÑA: 12 de marzo de 2026
16:00 – 16:10 h Presentación do taller formativo
Pablo Fernández López. Secretario Xeral de Emprego e Relacións Laborais da Xunta de Galicia
16:10 – 18:45 h Medidas de mellora
Rebeca Pérez Pico. Persoal técnico do gabinete de igualdade de CCOO
18:45 – 19:00 h Rolda de consultas
O único requisito para obter o certificado de aproveitamento do taller será asistir as sesións en liña programadas para os días 10 e 12 de marzo e responder satisfactoriamente, polo menos o 70 % das cuestións expostas no test de avaliación que estará dispoñible no contido do taller.
Duración
Entre o 10/03/2026 e o 19/03/2026.
O taller levarase a cabo a través de dúas sesións en liña os días 10 e 12 de marzo de 2026 de 16:00 a 19:00 horas.
Así mesmo, as personas participantes terán ata o xoves 19 de marzo para responder ao test de avaliación posto a súa disposición a través do campus en liña. Para a súa realización disporase das 24 horas do día, todos os días da semana.
Inscrición
O prazo de inscrición finaliza o 9 de marzo de 2026.
Prazas limitadas segundo orde de inscrición.