Formación en liña de 4 horas en materia de Igualdade Laboral a través da cal se pretende afondar sobre o valor da construcción de indicadores cuantitativos e cualitativos necesarios para a aplicación desde unha perspectiva de xénero en todas as áreas dun diagnóstico previo ao plan de igualdade.
- 4 horas
- En liña e ao teu ritmo
- Dispoñible no teu móbil
- Idioma: galego
- Certificado de aproveitamento ao completar o taller
Docentes
Elena Mancha Montero de Espinosa, Inspectora de Traballo e Seguridade Social
Cayetana Andión García, Consultora especializada en materia de igualdade laboral
Aprende ao teu ritmo
O taller formativo levarase a cabo a través dunha sesión en liña que se celebrará o 23 de abril de 2025 en horario de tarde (de 16:00 a 20:00 h), permitindo que as persoas participantes intercambien coñecementos e experiencias entre elas.
Que inclúe este curso?
Que son e que información se obtén dos indicadores
Indicadores absolutos e relativos
Indicadores cuantitativos e cualitativos
Indicadores de xénero
Confección de indicadores
A aplicación dos indicadores nas áreas de análise do diagnóstico
Cal é a estrutura e o desenvolvemento deste curso formativo?
A duración deste taller será de 4 horas e este adecuarase á seguinte estrutura:
- 16:00 – 16:05 h Presentación do taller formativo
Pablo Fernández López. Secretario Xeral de Emprego e Relacións Laborais da Xunta de Galicia - 16:05 – 17:30 h Definición e tipoloxía de indicadores
Elena Mancha Montero de Espinosa, Inspectora de Traballo e Seguridade Social - 17:30 – 17:55 h Rolda de consultas
- 17:55 – 18:05 h Descanso
- 18:05 – 19:35 h Indicadores de xénero. Confección de indicadores e aplicación nas áreas de análise do diagnóstico
Cayetana Andión García, Consultora especializada en materia de igualdade laboral
- 19:35 – 20:00 h Rolda de consultas
O único requisito para obter o certificado de aproveitamento do taller será asistir a sesión en liña e responder satisfactoriamente, polo menos o 70 % das cuestións expostas no test de avaliación que estará dispoñible no campus en liña.
A quen vai dirixido?
Ás persoas que participan nos procesos de selección, contratación, negociación colectiva, avaliación da actividade preventiva, avaliación de postos de traballo e comunicación e, en xeral en procesos e proxectos que se enmarcan no ámbito das relacións laborais na aplicación do principio de igualdade.
Duración
Entre o 23/04/2025 e o 30/04/2025.
O taller levarase a cabo a través dunha sesión en liña que se celebrará o 23 de abril de 2025 de 16:00 a 20:00 h.
Ase mesmo, as persoas participantes terán ata o mércores 30 de abril para responder o test de avaliación posto a súa disposición a través do campus en liña. Para a súa realización se disporá das 24 horas do día, todos os días da semana.
Inscrición
O prazo de inscrición finaliza o 22 de abril de 2025.
Prazas limitadas segundo orde de inscrición.