Medidas e recursos para alcanzar a igualdade real e efectiva das persoas LGTBI

Formación en liña de 2 horas en materia de Igualdade Laboral a través da cal se pretende promover o coñecemento da Lei 4/2023, de 28 de febreiro, que garante a igualdade real e efectiva das persoas trans e os dereitos das persoas LGTBI, así como das obrigacións establecidas no Real Decreto 1026/2024, de 8 de outubro, que desenvolve o conxunto planificado de medidas para a igualdade e a non discriminación nas empresas, achegando contidos teóricos e prácticos que faciliten a colaboración entre os distintos axentes para avanzar cara á igualdade real e efectiva das persoas LGTBI no ámbito laboral.

2 horas

En liña

Idioma: galego

Certificado de aproveitamento ao completar o taller

Relatores

Olga Fèlix Bertran, Avogada en Cuatrecasas

Marta Herraiz, Codirectora xeral da Rede Empresarial pola Diversidade e Inclusión REDI

Aprende ao teu ritmo

O taller formativo levarase a cabo a través dunha sesión en liña que terá lugar o 27 de novembro de 2025 en horario de tarde (de 16:30 a 18:30h), permitindo que as persoas participantes intercambien coñecementos e experiencias entre elas.

Que inclúe este taller?

Análise do marco normativo vixente en materia de dereitos das persoas LGTBI, con especial atención ás obrigacións empresariais derivadas da Lei 4/2023 e o Real Decreto 1026/2024

Identificación de accións e boas prácticas corporativas que contribúan ao cumprimento legal e á inclusión efectiva das persoas LGTBI na contorna laboral

Recursos e ferramentas que permitan ás empresas avanzar de forma planificada cara ao cumprimento normativo e a igualdade efectiva

Cal é a estrutura e o desenvolvemento deste curso formativo?

A duración desta sesión será de 2 horas e adecuarase á seguinte estrutura:

16:30 – 16:40 h Presentación da xornada

María Quintiana Pérez. Directora xeral de Promoción da Igualdade da Xunta de Galicia

16:40 – 17:20 h Novo marco normativo

Olga Fèlix Bertran. Avogada en Cuatrecasas

17:20 – 17:35 h Rolda de consultas

17:35 – 18:15 h Boas prácticas corporativas

Marta Herraiz. Codirectora xeral da Rede Empresarial pola Diversidade e Inclusión REDI

18:15 – 18:30 h Rolda de consultas

Se quere obter o certificado de aproveitamento do taller, ademáis de asistir en liña á xornada, deberá responder satisfactoriamente, polo menos ao 70 % das cuestións expostas no test de avaliación que estará a súa disposición no Campus en liña.

Duración

Entre o 27/11/2025 e o 04/12/2025.
O taller levarase a cabo a través dunha sesión en liña que se celebrará o día 27 de novembro de 2025 de 16:30 a 18:30 h.

Así mesmo, as persoas participantes terán ata o xoves 4 de decembro de 2025 para responder ao test de avaliación posto a súa disposición a través do campus en liña. Para a súa realización disponrase das 24 horas do día, todos os días da semana.

Inscrición

O prazo de inscrición finaliza o 26 de novembro de 2025 ás 23:59 horas.

Prazas limitadas.
Quero incribirme ao taller.