Formación en liña de 2 horas en materia de Igualdade Laboral a través da cal se pretende analizar de maneira crítica o papel da intelixencia artificial na sociedade actual, facendo fincapé nos riscos asociados aos prexuízos algorítmicos e no seu impacto na equidade de xénero, co fin de promover un uso legal, ético e inclusivo destas tecnoloxías.
Presencial e por streaming
Idioma: galego
Certificado de aproveitamento ao completar o taller
Docente
Victor Salgado Segín, Socio-director en Pintos Salgado Avogados S.C.P
Aprende ao teu ritmo
O taller formativo levarase a cabo a través dunha sesión presencial que será retrasmitida tamén por streaming e que terá lugar o 14 de outubro de 2025 en horario de tarde (de 16:30 a 18:30h), permitindo que as persoas participantes intercambien coñecementos e experiencias entre elas.
Que inclúe este taller?
Introducción á intelixencia artificial
Riscos e ameazas da IA
Prexuízos algorítmicos
Equidade de xénero e tecnoloxía
Marco normativo
Cal é a estrutura e o desenvolvemento deste curso formativo?
A duración desta sesión será de 2 horas e adecuarase á seguinte estrutura:
16:00 – 16:30 h Café de benvida
16:30 – 16:35 h Presentación da xornada
Pablo Fernández López. Secretario Xeral de Emprego e Relacións Laborais da Xunta de Galicia
16:35 – 18:15 h A intelixencia artificial: os seus riscos, prexuízos e impacto na equidade de xénero
Victor Salgado Segín, Socio-director en Pintos Salgado Avogados S.C.P
18:15 – 18:30 h Rolda de consultas
Para inscribirse á xornada presencial e consultar o programa debe clikar AQUÍ e para seguir a sesión por streaming encontrará indicacións ao inscribirse no taller.
Se queres obter o certificado de aproveitamento do taller, ademáis de asistir á xornada, presencialmente ou por streaming, deberá responder satisfactoriamente, polo menos ao 70 % das cuestións expostas no test de avaliación que estará a súa disposición no Campus en liña.
Duración
Entre o 14/10/2025 e o 21/10/2025.
O taller levarase a cabo a través dunha sesión presencial e que se retrasmitirá tamén por streaming, que se celebrará o día 14 de outubro de 2025 de 16:30 a 18:30 h.
Así mesmo, as persoas participantes terán ata o martes 21 de outubro de 2025 para responder ao test de avaliación posto a súa disposición a través do campus en liña. Para a súa realización disporase das 24 horas do día, todos os días da semana.
Inscrición
O prazo de inscrición finaliza o 13 de outubro de 2025 ás 23:59 horas.
Prazas limitadas.
Quero incribirme ao taller.