Formación en liña de 2 horas en materia de Igualdade Laboral a través da cal se pretende afondar sobre a importancia da igualdade laboral en empresas de menos de 50 persoas traballadoras, ofrecendo exemplos prácticos e ferramentas para implementar medidas que favorezan a equidade de xénero, a corresponsabilidade e a prevención da discriminación no ámbito laboral, en cumprimento da normativa vixente.
2 horas
Presencial e por streaming
Idioma: galego
Certificado de aproveitamento ao completar o taller
Relatoras
María Teresa Pedrosa Silva, Inspectora de Traballo e Seguridade Social
María Ángeles García Pérez, Consultora especializada en materia de igualdade laboral
Aprende ao teu ritmo
O taller formativo levarase a cabo a través dunha sesión presencial que será retrasmitida tamén por streaming e que terá lugar o 2 de abril de 2025 en horario de tarde (de 16:30 a 18:30h), permitindo que as persoas participantes intercambien coñecementos e experiencias entre elas.
Que inclúe este taller?
Vantaxes das medidas de igualdade
Obrigacións de todas as empresas
Medidas de selección e contratación: medidas de acceso ao emprego
Medidas de formación
Medidas de promoción
Medidas relacionadas coas condicións de traballo
Medidas de igualdade salarial
Medidas de corresponsabilidade
Medidas relacionadas coa violencia de xénero
Medidas relacionadas coa prevención do acoso
Exemplos de medidas en empresas de 50 persoas traballadoras
Cal é a estrutura e o desenvolvemento deste curso formativo?
A duración desta sesión será de 2 horas e adecuarase á seguinte estrutura:
16:00 – 16:30 h Café de benvida
16:30 – 16:35 h Presentación da xornada
Pablo Fernández López. Secretario Xeral de Emprego e Relacións Laborais da Xunta de Galicia
16:35 – 18:15 h A igualdade laboral en empresas de menos de 50 persoas traballadoras: O que cómpre saber
María Teresa Pedrosa Silva. Inspectora de Traballo e Seguridade Social
María Ángeles García Pérez. Consultora especializada en materia de igualdade laboral
18:15 – 18:30 h Rolda de consultas
Para inscribirse á xornada presencial e consultar o programa debe clikar AQUÍ e para seguir a sesión por streaming encontrará indicacións ao inscribirse no taller.
Se quere obter o certificado de aproveitamento do taller, ademáis de asistir á xornada, presencialmente ou por streaming, deberá responder satisfactoriamente, polo menos ao 70 % das cuestións expostas no test de avaliación que estará a súa disposición no Campus en liña.
Duración
Entre o 02/04/2025 e o 09/04/2025.
O taller levarase a cabo a través dunha sesión presencial e que se retrasmitirá tamén por streaming, que se celebrará o día 2 de abril de 2025 de 16:30 a 18:30 h.
Así mesmo, as persoas participantes terán ata o mércores 9 de abril de 2025 para responder ao test de avaliación posto a súa disposición a través do campus en liña. Para a súa realización disponrase das 24 horas do día, todos os días da semana.
Inscrición
O prazo de inscrición finaliza o 1 de abril de 2025 ás 23:59 horas.
Prazas limitadas.
Quero incribirme ao taller.