A igualdade de oportunidades e a prohibición de discriminación.Normativa. Concepto de plan de igualdade. Negociación colectiva

Formación en liña de 4 horas en materia de Igualdade Laboral a través da cal se pretende afondar sobre o marco normativo do principio de igualdade e a igualdade na negociación colectiva.

  • 4 horas
  • En liña e ao teu ritmo
  • Dispoñible no teu móbil
  • Idioma: galego
  • Certificado de aproveitamento ao completar o taller

Docentes

Jaime Cabeza Pereiro, Profesor catedrático de Dereito do traballo e da Seguridade Social da Universidade de Vigo

Teresa Pedrosa Silva, Inspectora de traballo e Seguridade Social

Aprende ao teu ritmo

O taller formativo levarase a cabo a través dunha sesión en liña que se celebrará o 14 de marzo de 2025 en horario de mañá (de 09:30 a 13:30 h), permitindo que as persoas participantes intercambien coñecementos e experiencias entre elas.

Que inclúe este curso?

  Normativa en materia de igualdade:

– Marco internacional: Nacións Unidas, Consello de Europa e Unión Europea

– Normativa estatal

– Normativa autonómica

  Medidas en materia de igualdade en empresas de menos de 50 persoas traballadoras

  Plans de igualdade. Principais novidades

  Vantaxes de ter un plan

  Negociación colectiva: lexitimación e participación

  Cómputo de persoas traballadoras

  Comisión de seguimento

  Revisión do plan de igualdade

Cal é a estrutura e o desenvolvemento deste curso formativo?

A duración deste taller será de 4 horas e este adecuarase á seguinte estrutura:

  • 09:30 – 09:45 h Presentación do taller formativo. Pablo Fernández López. Secretario Xeral de Emprego e Relacións Laborais da Xunta de Galicia
  • 09:45 – 11:15 h Normativa e concepto de plan de igualdade. Teresa Pedrosa Silva. Inspectora de Traballo e Seguridade Social
  • 11:15 – 11:30 h Rolda de consultas
  • 11:30 – 11:45 h Descanso
  • 11:44 – 13:15 h Negociación colectiva: lexitimación e participación. Jaime Cabeza Pereiro. Profesor catedrático de Dereito do traballo e da Seguridade Social da Universidade de Vigo
  • 13:15 – 13:30 h Rolda de consultas

O único requisito para obter o certificado de aproveitamento do taller será asistir a sesión en liña e responder satisfactoriamente, polo menos o 70% das cuestións expostas no test de avaliación que estará dispoñible no campus en liña.

A quen vai dirixido?

Ás persoas que participan nos procesos de selección, contratación, negociación colectiva, avaliación da actividade preventiva, avaliación de postos de traballo e comunicación e, en xeral en procesos e proxectos que se enmarcan no ámbito das relacións laborais na aplicación do principio de igualdade.

Duración

Entre o 14/03/2022 e o 21/03/2022.
O taller levarase a cabo a través dunha sesión en liña que se celebrará o 14 de marzo de 2025 de 09:30 a 13:30 horas.
Ase mesmo, as persoas participantes terán ata o venres 21 de marzo para responder o test de avaliación posto a súa disposición a través do campus en liña. Para a súa realización se disporá das 24 horas do día, todos os días da semana.

Inscrición

O prazo de inscrición finaliza o 13 de marzo de 2025.
Prazas limitadas segundo orde de inscrición.