A formación nas empresas con perspectiva de xénero

Formación en liña de 4 horas en materia de Igualdade Laboral a través da cal se pretende afondar na integración do principio de igualdade na planificación da formación.

4 horas

En liña e ao teu ritmo

Dispoñible no teu móbil

Idioma: galego

Certificado de aproveitamento ao completar o taller

Docentes

María Consuelo Ferreiro Regueiro, Profesora de dereito do traballo e da seguridade social da Universidade de Santiago de Compostela

Rebeca Pérez Pico, Técnica do Gabinete de Igualdade de CCOO de Galicia

Aprende ao teu ritmo

O taller formativo levarase a cabo a través dunha sesión en liña que se celebrará o 12 de novembro de 2025 en horario de tarde (de 16:00 a 20:00 h), permitindo que as persoas participantes intercambien coñecementos e experiencias entre elas.

Que inclúe este curso?

  Planificación do plan de formación da empresa desde a perspectiva de xénero en:

  • – O proceso de detección de necesidades formativas.
  • – A programación de accións formativas.
  • – A planificación das accións formativas: modalidades formativas e distribución en xornada laboral.
  • – A difusión das ofertas formativas.
  • – A participación de mulleres e homes en condicións de igualdade.

  A formación para o posto de traballo

  As accións formativas voluntarias

  O uso de permisos de formación

  A sensibilización e formación en igualdade

Medidas de mellora:

  • – Establecemento de acceso prioritario das traballadoras a accións formativas que fomenten a súa inserción en áreas de traballo masculinizadas
  • – A planificación nas accións formativas de módulos específicos de igualdade de xénero
  • – A adaptación do horario das accións formativas para garantir a asistencia das persoas traballadoras con redución de xornada

Cal é a estrutura e o desenvolvemento deste curso formativo?

A duración deste taller será de 4 horas e este adecuarase á seguinte estrutura:

16:00 – 16:10 h Presentación do taller formativo.

Pablo Fernández López. Secretario Xeral de Emprego e Relacións Laborais da Xunta de Galicia

16:10 – 17:45 h O plan de formación na empresa dende a perspectiva de xénero.

María Consuelo Ferreiro Regueiro

17:45 – 18:00 h Rolda de consultas

18:00 – 18:10 h Descanso

18:10 – 19:45 h Medidas de mellora no ámbito da formación na empresa.

Rebeca Pérez Picos

19:45 – 20:00 h Rolda de consultas

O único requisito para obter o certificado de aproveitamento do taller será asistir a sesión en liña e responder satisfactoriamente, polo menos o 70 % das cuestións expostas no test de avaliación que estará dispoñible no campus en liña.

A quen vai dirixido?

Ás persoas que participan nos procesos de selección, contratación, negociación colectiva, avaliación da actividade preventiva, avaliación de postos de traballo e comunicación e, en xeral en procesos e proxectos que se enmarcan no ámbito das relacións laborais na aplicación do principio de igualdade.

Duración

Entre o 12/11/2025 e o 19/11/2025.
O taller levarase a cabo a través dunha sesión en liña que se celebrará o 12 de novembro de 2025 de 16:00 a 20:00 h.

Ase mesmo, as persoas participantes terán ata o mércores 19 de novembro para responder o test de avaliación posto a súa disposición a través do campus en liña. Para a súa realización se disporá das 24 horas do día, todos os días da semana.

Inscrición

O prazo de inscrición finaliza o 11 de novembro de 2025.
Prazas limitadas segundo orde de inscrición.