A norma UNE-EN ISO 53800 de igualdade de xénero

Formación en liña de 2 horas en materia de Igualdade Laboral a través da cal se pretende dotar ás persoas participantes dos coñecementos e ferramentas clave da UNE-ISO 53800:2025. Directrices para a promoción e implementación da igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres na estratexia, a cultura e a xestión das organizacións, en coherencia cos plans de igualdade

2 horas

En liña

Idioma: galego

Certificado de aproveitamento ao completar o taller

Docente

Auxiliadora Zapata Navarro. Asesora e consultora estratéxica en igualdade, diversidade e sustentabilidade. Vogal do Comité Técnico de Normalización CTN-UNE 194 «Igualdade de xénero»

Aprende ao teu ritmo

O taller formativo levarase a cabo a través dunha sesión en liña que se celebrará o 30 de novembro de 2026 en horario de tarde (de 16:30 a 18:30 h), permitindo que as persoas participantes intercambien coñecementos e experiencias entre elas.

Que inclúe este taller?

Comprender o alcance, a terminoloxía e o carácter de guía da norma e o seu encaixe coa Axenda 2030 (ODS 5), a O 3/2007, os RD 901 e 902/2020 e a Lei 7/2023 de igualdade de Galicia.

Coñecer as catro áreas e os once temas das directrices (dimensión interna, actividade e investimentos, relacións externas e comunicación) e a súa relación cos plans de igualdade.

Aplicar a metodoloxía da norma e os seus indicadores da situación comparativa de mulleres e homes para diagnosticar e priorizar actuacións

Deseñar unha folla de roteiro de mellora continua (ciclo PHVA) e coñecer o mecanismo de denuncia fronte á violencia baseada no xénero (Anexo A).

Cal é a estrutura e o desenvolvemento deste curso formativo?

A duración desta sesión será de 2 horas e adecuaranse á seguinte estrutura:

16:30 – 16:40 h Presentación do taller

Susana Pérez Iglesias. Secretaria Xeral de Emprego e Relacións Laborais da Xunta de Galicia

16:40 – 18:15 h A norma ISO 53800 de igualdade de xénero

Auxiliadora Zapata Navarro. Asesora e consultora estratéxica en igualdade, diversidade e sustentabilidade. Vogal do Comité Técnico de Normalización CTN-UNE 194 «Igualdade de xénero»

18:15 – 18:30 h Rolda de consultas

Se quere obter o certificado de aproveitamento do taller, ademais de ter asistido á sesión en liña, deberá responder satisfactoriamente, polo menos o 70 % das cuestións expostas no test de avaliación que estará a súa disposición no Campus en liña.

Duración

Entre o 30/11/2026 e o 07/12/2026.
O taller levarase a cabo a través dunha sesión en liña que se celebrará o día 30 de novembro de 2026 de 16:30 a 18:30 h.

Ase mesmo, as persoas participantes terán ata o luns 7 de decembro de 2026 para responder o test de avaliación posto a súa disposición a través do campus en liña. Para a súa realización se disporá das 24 horas do día, todos os días da semana.

Inscrición

O prazo de inscrición finaliza o 29 de novembro de 2026 ás 23:59 horas.

Prazas limitadas.
Quero inscribirme ao taller.

Engade aquí o teu texto de cabeceira