Exercicio de dereitos e permisos conciliatorios: xurisprudencia

Formación en liña de 2 horas en materia de Igualdade Laboral orientada a analizar as pautas marcadas pola xurisprudencia para o exercicio dos dereitos e permisos relacionados coa conciliación da vida familiar e laboral regulados no Estatuto dos Traballadores..

2 horas

Presencial ou por streaming

Idioma: galego

Certificado de aproveitamento ao completar o taller

Docente

Sandra García Lombardía, Inspectora de Traballo e Seguridade Social

Aprende ao teu ritmo

O taller formativo levarase a cabo a través dunha sesión presencial que se retransmitirá por streaming e que se celebrará o 19 de outubro de 2026 en horario de tarde (de 16:30 a 18:30 h) en Vigo (COAG – Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia – Rúa do Doutor Cadaval, 5, Planta -1, 36202, Vigo), permitindo que as persoas participantes intercambien coñecementos e experiencias entre elas.

Que inclúe este taller?

Examinar os últimos pronunciamentos xudiciais en relación con aspectos clave do exercicio de dereitos e permisos conciliatorios, como:

O papel da negociación colectiva na súa configuración

Incidencia na retribución. Especial referencia ás “primas anti-absentismo”

Cómputo e duración

Suxeitos causantes, requisitos e límites

Reducións de xornada e adaptacións de xornada por conciliación: casuística.

Réxime de desfrute do permiso parental do artigo 48 bis do ET

Tutela xudicial e administrativa

Cal é a estrutura e o desenvolvemento deste curso formativo?

A duración desta sesión será de 2 horas e adecuaranse á seguinte estrutura:

16:00 – 16:30 h Café de benvida

16:30 – 16:40 h Presentación do taller

Representante da Xunta de Galicia

16:40 – 18:15 h Exercicio de dereitos e permisos conciliatorios: xurisprudencia

Sandra García Lombardía. Inspectora de Traballo e Seguridade Social

18:15 – 18:30 h Rolda de consultas

Consulta o programa da xornada: Aquí.

Duración

Entre o 19/10/2026 e o 26/10/2026.
O taller levarase a cabo a través dunha sesión presencial retransmitida por streaming que se celebrará o día 19 de outubro de 2026 de 16:30 a 18:30 h.

Ase mesmo, as persoas participantes terán ata o luns 26 de outubro de 2026 para responder o test de avaliación posto a súa disposición a través do campus en liña. Para a súa realización se disporá das 24 horas do día, todos os días da semana.

Certificado de aproveitamento

Se quere obter o certificado de aproveitamento do taller, ademais de ter asistido á xornada, presencialmente ou por streaming, deberá responder satisfactoriamente, polo menos o 70 % das cuestións expostas no test de avaliación que estará a súa disposición no Campus en liña.

Inscrición

O prazo de inscrición finaliza o 18 de outubro de 2026 ás 23:59 horas.