A prevención de riscos laborais con perspectiva de xénero

Formación en liña de 3 horas en materia de Igualdade Laboral a través da cal se pretende afondar sobre a integración da perspectiva de xénero na saúde laboral e no Plan de Prevención de Riscos Laborais.

3 horas

En liña

Idioma: galego

Certificado de aproveitamento ao completar o taller

Docentes

Miryam Garabito Cociña. Xefa do Centro ISSGA Lugo. Xunta de Galicia

Manuel Velázquez Fernández. Inspector de Traballo e Seguridade Social. Ministerio de Traballo e Economía Social

Aprende ao teu ritmo

O taller formativo levarase a cabo a través dunha sesión en liña que se celebrará o 29 de setembro de 2026 en horario de tarde (de 16:00 a 19:00 h), permitindo que as persoas participantes intercambien coñecementos e experiencias entre elas.

Que inclúe este taller?

A perspectiva de xénero nas avaliacións de riscos laborais

A saúde das mulleres traballadoras en situación de risco de embarazo e lactación

Accións de comunicación interna: o noso persoal. As adaptacións de posto de traballo

A PRL e o traballo a distancia

Medidas de prevención de riscos laborais con perspectiva de xénero

A saúde psicosocial e o acoso sexual

O risco de acoso na contorna dixital

Cal é a estrutura e o desenvolvemento deste curso formativo?

A duración desta sesión será de 3 horas e adecuaranse á seguinte estrutura:

16:00 – 16:10 h Presentación da xornada

Representante da Xunta de Galicia

16:10 – 17:20 h A perspectiva de xénero na saúde laboral

Miryam Garabito Cociña. Xefa do Centro ISSGA Lugo. Xunta de Galicia

17:20 – 17:35 h Rolda de consultas

17:35 – 18:45 h A saúde psicosocial e o acoso sexual

Manuel Velázquez Fernández. Inspector de Traballo e Seguridade Social. Ministerio de Traballo e Economía Social

18:45 – 19:00 h Rolda de consultas

Se quere obter o certificado de aproveitamento do taller, ademais de ter asistido á sesión en liña, deberá responder satisfactoriamente, polo menos o 70 % das cuestións expostas no test de avaliación que estará a súa disposición no Campus en liña.

Duración

Entre o 29/09/2026 e o 06/10/2026.
O taller levarase a cabo a través dunha sesión en liña que se celebrará o día 29 de setembro de 2026 de 16:00 a 19:00 h.

Ase mesmo, as persoas participantes terán ata o martes 6 de outubro de 2026 para responder o test de avaliación posto a súa disposición a través do campus en liña. Para a súa realización se disporá das 24 horas do día, todos os días da semana.

Inscrición

O prazo de inscrición finaliza o 28 de setembro de 2026 ás 23:59 horas.

Prazas limitadas.
Quero incribirme ao taller.