O teletraballo e a desconexión dixital

Formación en liña de 2 horas e media en materia de Igualdade Laboral a través da cal se pretende afondar sobre o efecto da desconexión e o teletraballo en mulleres e homes. Negociación e normativa de aplicación.

2 horas e media

En liña

Idioma: galego

Certificado de aproveitamento ao completar o taller

Docentes

Beatriz Sueiro Padín, Inspectora de Traballo e Seguridade Social

Alexandre Pazos Pérez, Profesor de Dereito do Traballo da Universidade de Vigo

Aprende ao teu ritmo

O taller formativo levarase a cabo a través dunha sesión en liña que terá lugar o 6 de outubro de 2026 en horario de tarde (de 16:00 a 18:30 h), permitindo que as persoas participantes intercambien coñecementos e experiencias entre elas.

Que inclúe este taller?

A implantación de postos de traballo que se poden desenvolver a distancia total/parcial

Os dereitos laborais no traballo a distancia:

  • Formación
  • Promoción
  • Participación e reunión
  • Seguridade e saúde.
  • Acoso laboral
  • Desconexión

Cal é a estrutura e o desenvolvemento deste curso formativo?

A duración desta sesión será de 2 horas e media e adecuaranse á seguinte estrutura:

16:00 – 16:10 h Presentación da xornada

Representante da Xunta de Galicia

16:10 – 17:05 h A aplicación do principio de igualdade nos protocolos de desconexión dixital

Beatriz Sueiro Padín. Inspectora de Traballo e Seguridade Social

17:05 – 17:20 h Rolda de consultas

17:20 – 18:15 h A aplicación do principio de igualdade nos protocolos de teletraballo

Alexandre Pazos Pérez. Profesor de Dereito do Traballo da Universidade de Vigo

18:15 – 18:30 h Rolda de consultas

Se quere obter o certificado de aproveitamento do taller, ademais de ter asistido á sesión en liña, deberá responder satisfactoriamente, polo menos o 70 % das cuestións expostas no test de avaliación que estará a súa disposición no Campus en liña.

Duración

Entre o 06/10/2026 e o 13/10/2026.

O taller levarase a cabo a través dunha sesión en liña que se celebrará o día 6 de outubro de 2026 de 16:00 a 18:30 h.

Ase mesmo, as persoas participantes terán ata o martes 13 de outubro de 2026 para responder o test de avaliación posto a súa disposición a través do campus en liña. Para a súa realización se disporá das 24 horas do día, todos os días da semana.

Inscrición

O prazo de inscrición finaliza o 5 de outubro de 2026 ás 23:59 horas.

Prazas limitadas.
Quero incribirme ao taller.