O factor invisible: coidados, conciliación e perda de talento feminino

Formación en liña de 2 horas en materia de Igualdade Laboral orientada a visibilizar o desfase entre os dereitos de conciliación recoñecidos e o seu uso efectivo, e amosar porqué as mulleres seguen abandonando ou reducindo a súa traxectoria laboral para coidar, aportando ás empresas claves para reverter esta tendencia.

2 horas

Presencial ou por streaming

Idioma: galego

Certificado de aproveitamento ao completar o taller

Docente

Paula García Otero, Relatora e formadora en igualdade, corresponsabilidade e maternidade e paternidade no ámbito corporativo. Consultora IBCLC

Aprende ao teu ritmo

O taller formativo levarase a cabo a través dunha sesión presencial que se retransmitirá por streaming e que se celebrará o 17 de setembro de 2026 en horario de tarde (de 16:30 a 18:30 h) na Coruña (COE – Centro de Orientación, Emprendemento, Acompañamento e Innovación para o Emprego de Galicia- Rúa Rafael Alberti, n.º 4 baixo, 15008, A Coruña), permitindo que as persoas participantes intercambien coñecementos e experiencias entre elas.

Que inclúe este taller?

Presentar as cifras que sustentan a persistencia da fenda: renuncias laborais tras a maternidade, interrupcións de carreira e fenda no traballo non remunerado.

Identificar os catro factores invisibles que sosteñen a asimetría de xénero a pesar do marco normativo vixente: carga mental, presión social non escrita, asimetría doméstica e cultura de empresa.

Recoñecer sinais temperáns de fuga de talento feminino na contorna profesional.

Coñecer tres pancas empresariais aplicables para acompañar, reter e recuperar talento feminino.

Xerar espazo de reflexión compartida entre profesionais de RRHH, xerencia, representación legal do cadro de persoal e cidadanía interesada en igualdade efectiva

Cal é a estrutura e o desenvolvemento deste curso formativo?

A duración desta sesión será de 2 horas e adecuaranse á seguinte estrutura:

16:00 – 16:30 h Café de benvida

16:30 – 16:40 h Presentación do taller

Representante da Xunta de Galicia

16:40 – 18:15 h O factor invisible: coidados, conciliación e perda de talento feminino

Paula García Otero. Relatora e formadora en igualdade, corresponsabilidade e maternidade e paternidade no ámbito corporativo. Consultora IBCLC

18:15 – 18:30 h Rolda de consultas

Consulta o programa da xornada: Aquí.

Duración

Entre o 17/09/2026 e o 24/09/2026.
O taller levarase a cabo a través dunha sesión presencial retransmitida por streaming que se celebrará o día 17 de setembro de 2026 de 16:30 a 18:30 h.

Ase mesmo, as persoas participantes terán ata o xoves 24 de setembro de 2026 para responder o test de avaliación posto a súa disposición a través do campus en liña. Para a súa realización se disporá das 24 horas do día, todos os días da semana.

Certificado de aproveitamento

Se quere obter o certificado de aproveitamento do taller, ademais de ter asistido á xornada, presencialmente ou por streaming, deberá responder satisfactoriamente, polo menos o 70 % das cuestións expostas no test de avaliación que estará a súa disposición no Campus en liña.

Inscrición

O prazo de inscrición finaliza o 16 de setembro de 2026 ás 23:59 horas.