Formación en liña de 2 horas en materia de Igualdade Laboral orientada a afondar nas obrigas que afectan ás empresas e entidades públicas con centros de traballo que superen o limiar de 200 persoas traballadoras, ou de 100 persoas por quenda, de acordo coa Lei 9/2025, do 3 de decembro, de mobilidade sostible. Ase mesmo, afondarase sobre a obrigación de integrar a perspectiva de xénero na planificación da mobilidade, identificando riscos diferenciais e adoptando medidas específicas.
A sesión abordará a inclusión de solucións que cubran todo o espectro da mobilidade sostible, mediante actuacións que fomenten a mobilidade activa, colectiva, de baixas emisións e colaborativa; medidas de seguridade viaria e prevención de accidentes “in itinere” e “en misión”; solucións de teletraballo cando resulten viables; así como fórmulas para compensar a pegada de carbono residual.
2 horas
En liña
Idioma: galego
Certificado de aproveitamento ao completar o taller
Docente
María Ángeles García Pérez, Consultora especializada en materia de igualdade laboral
Aprende ao teu ritmo
O taller formativo levarase a cabo a través dunha sesión en liña que se celebrará o 9 de xuño de 2026 en horario de tarde (de 16:30 a 18:30 h), permitindo que as persoas participantes intercambien coñecementos e experiencias entre elas.
Que inclúe este taller?
Normativa de aplicación. Entidades obrigadas
Obxectivo xeral e específico
Diagnóstico, negociación e elaboración do Plan
Rexistro e seguimento: A plataforma EDIM
Plans de mobilidade para grandes centros de actividade
Rexime sancionador
Mobilidade inclusiva, igualdade e non discriminación, formación
Cal é a estrutura e o desenvolvemento deste curso formativo?
A duración desta sesión será de 2 horas e adecuaranse á seguinte estrutura:
16:30 – 16:35 h Presentación do taller
Pablo Fernández López. Secretario Xeral de Emprego e Relacións Laborais da Xunta de Galicia.
16:35 – 18:15 h Plans de mobilidade con perspectiva de xénero: novas obrigas, novos retos
María Ángeles García Pérez. Consultora especializada en materia de igualdade laboral
18:15 – 18:30 h Rolda de consultas
Se quere obter o certificado de aproveitamento do taller, ademais de ter asistido á sesión en liña, deberá responder satisfactoriamente, polo menos o 70 % das cuestións expostas no test de avaliación que estará a súa disposición no Campus en liña.
Duración
Entre o 09/06/2026 e o 16/06/2026.
O taller levarase a cabo a través dunha sesión en liña que se celebrará o día 9 de xuño de 2026 de 16:30 a 18:30 h.
Ase mesmo, as persoas participantes terán ata o martes 16 de xuño de 2026 para responder o test de avaliación posto a súa disposición a través do campus en liña. Para a súa realización se disporá das 24 horas do día, todos os días da semana.
Inscrición
O prazo de inscrición finaliza o 8 de xuño de 2026 ás 23:59 horas.
Prazas limitadas.
Quero inscribirme ao taller.