Cara unha igualdade real: actuación da Inspección de traballo e seguridade social en materia de igualdade

Formación mixta de 2 horas en materia de Igualdade Laboral a través da cal se pretende analizar o papel das Administracións públicas no cumprimento, control e promoción da igualdade laboral efectiva, afondando nas actuacións da Inspección de Traballo nesta materia.

2 horas

Presencial ou por streaming

Idioma: galego

Certificado de aproveitamento ao completar o taller

Docente

Elena Mancha Montero de Espinosa, Inspectora de Traballo e Seguridade Social

Aprende ao teu ritmo

O taller formativo levarase a cabo a través dunha sesión presencial que se retrasmitirá por streaming e que se celebrará o 25 de marzo de 2026 en horario de tarde (de 16:30 a 18:30 h) en Lugo (Edificio administrativo da Xunta de Galicia en Lugo. Ronda da Muralla, 70, 27003 Lugo), permitindo que as persoas participantes intercambien coñecementos e experiencias entre elas.

Que inclúe este taller?

Examinar as campañas inspectoras previstas para o ano 2026 en materia de igualdade laboral, con especial referencia a:

  • Discriminación no acceso ao emprego, discriminación salarial na relación laboral e na negociación colectiva
  • Plans de igualdade nas empresas
  • Acoso sexual e acoso por razón de sexo
  • Dereitos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral
  • Prevención de riscos laborais con perspectiva de xénero

Analizar as actuacións desenvolvidas pola Inspección de Traballo de Galicia nos anos 2024 e 2025 en relación cos dereitos específicos en materia de igualdade

Cal é a estrutura e o desenvolvemento deste curso formativo?

A duración desta sesión será de 2 horas e adecuaranse á seguinte estrutura:

16:00 – 16:30 h Café de benvida

16:30 – 16:40 h Presentación da xornada

Pablo Fernández López. Secretario Xeral de Emprego e Relacións Laborais da Xunta de Galicia

16:40 – 18:15 h Cara unha igualdade real: Actuacións da Inspección de traballo e seguridade social en materia de igualdade

Elena Mancha Montero de Espinosa. Inspectora de Traballo e Seguridade Social

18:15 – 18:30 h Rolda de consultas

Consulta o programa da xornada: Aquí.

Duración

Entre o 25/03/2026 e o 01/04/2026.
O taller levarase a cabo a través dunha sesión presencial retrasmitida por streaming que se celebrará o día 25 de marzo de 2026 de 16:30 a 18:30 h.

Ase mesmo, as persoas participantes terán ata o mércores 1 de abril de 2026 para responder o test de avaliación posto a súa disposición a través do campus en liña. Para a súa realización se disporá das 24 horas do día, todos os días da semana.

Certificado de aproveitamento

Se quere obter o certificado de aproveitamento do taller, ademais de ter asistir á xornada, presencialmente ou por streaming, deberá responder satisfactoriamente, polo menos o 70 % das cuestións expostas no test de avaliación que estará a súa disposición no Campus en liña.

Inscrición

O prazo de inscrición finaliza o 24 de marzo de 2026 ás 23:59 horas.