A promoción profesional con perspectiva de xénero

Formación en liña de 4 horas en materia de Igualdade Laboral a través da cal se pretende afondar na aplicación do principio de igualdade e de oportunidades na promoción profesional e, especialmente no acceso das mulleres para ocupar postos de responsabilidade.

4 horas

En liña e ao teu ritmo

Dispoñible no teu móbil

Idioma: galego

Certificado de aproveitamento ao completar o taller

Docentes

Margarida Corral Sánchez, Secretaria das Mulleres e Igualdade de CIG 

Trinidad Campos Rodríguez, Secretaria de igualdade de UGT Galicia

Aprende ao teu ritmo

O taller formativo levarase a cabo a través dunha sesión en liña que se celebrará o 12 de febreiro de 2026 en horario de tarde (de 16:00 a 20:00 h), permitindo que as persoas participantes intercambien coñecementos e experiencias entre elas.

Que inclúe este curso?

A discriminación social das mulleres e o dereito de participación

Liderazgo feminino: participación nos procesos de toma de decisións

Paridade, cotas e accións positivas

Infrarrepresentación feminina e accións positivas

Obxectivo dos Plans de Igualdade

Segregación horizontal e vertical e a adecuada valoración dos postos de traballo

Diagnóstico nos PI: proceso de selección, contratación, formación e promoción profesional

Contido dos Plans de Igualdade respecto da promoción profesional: folla estatística dos Plans de Igualdade

Obxectivos e accións na promoción profesional nos Plans de Igualdade

Medidas de mellora:

  • – A previsión de dar preferencia ás traballadoras para cubrir postos en áreas ou grupos masculinizados ante idénticas condicións de idoneidade nos procesos de promoción profesional
  • – A incorporación de candidaturas femininas nos procesos de promoción profesional, para fomentar a representación equilibrada de mulleres e homes na empresa.

Cal é a estrutura e o desenvolvemento deste curso formativo?

A duración deste taller será de 4 horas e este adecuarase á seguinte estrutura:

16:00 – 16:10 h Presentación do taller formativo

Pablo Fernández López. Secretario Xeral de Emprego e Relacións Laborais da Xunta de Galicia

16:10 – 17:45 h A promoción profesional con perspectiva de xénero

Margarida Corral Sánchez. Secretaria das Mulleres e Igualdade de CIG

17:45 – 18:00 h Rolda de consultas

18:00 – 18:10 h Descanso

18:10 – 19:45 h Medidas de mellora na promoción profesional

Trinidad Campos. Secretaria de igualdade de UGT Galicia

19:45 – 20:00 h Rolda de consultas

O único requisito para obter o certificado de aproveitamento do taller será asistir a sesión en liña e responder satisfactoriamente, polo menos o 70 % das cuestións expostas no test de avaliación que estará dispoñible no campus en liña.

A quen vai dirixido?

Ás persoas que participan nos procesos de selección, contratación, negociación colectiva, avaliación da actividade preventiva, avaliación de postos de traballo e comunicación e, en xeral en procesos e proxectos que se enmarcan no ámbito das relacións laborais na aplicación do principio de igualdade.

Duración

Entre o 12/02/2026 e o 19/02/2026.
O taller levarase a cabo a través dunha sesión en liña que se celebrará o 12 de febreiro de 2026 de 16:00 a 20:00 h.

Ase mesmo, as persoas participantes terán ata o xoves 19 de febreiro para responder o test de avaliación posto a súa disposición a través do campus en liña. Para a súa realización se disporá das 24 horas do día, todos os días da semana.

Inscrición

O prazo de inscrición finaliza o 11 de febreiro de 2026.
Prazas limitadas segundo orde de inscrición.