2º Edición: Curso teórico sobre a valoración de postos de traballo, o rexistro e a auditoría retributiva (35h)
Todo o que debes coñecer sobre a valoración de postos de traballo, o rexistro e a auditoría retributiva
Este curso de 35 horas de duración, totalmente gratuíto, permitirá, as persoas participantes afondar na igualdade retributiva, a valoración de postos de traballo, o rexistro retributivo e a auditoría retributiva.
Docente
María Hermo Rodríguez, CEO e directora de proxectos de talento, compensación e igualdade retributiva de Top Managemente Consulting (Grupo Galejobs).
Aprende ao teu ritmo
O curso estará composto por contido teórico asíncrono e unhas tutorías en liña, co obxectivo de que a experiencia do alumnado sexa a máis satisfactoria posible, permitindo que as persoas participantes poidan aprender ao seu propio ritmo e horario e, ao mesmo tempo, teñan a oportunidade de intercambiar coñecementos e experiencias e interactuar entre elas.
O alumnado poderá acceder aos distintos contidos teóricos formativos e as pílulas audiovisuais do curso durante o período de vixencia do mesmo.
Que inclúe este curso?
Este curso formativo estará composto por 4 módulos formativos:
- Módulo 1. Contextualización e previos á igualdade retributiva
- Módulo 2. A valoración de postos de traballo
- Módulo 3. O rexistro retributivo
- Módulo 4. A auditoría retributiva
Cual es la estructura y el desarrollo de este curso formativo?
O curso levarase a cabo entre o 23 de abril e o 23 de xuño do 2026 e constará dunha parte pre-gravada en liña (actividade asíncrona) e unhas titorías en liña que terán carácter voluntario.
A duración do curso será de 35 horas e adecuarase á siguinte estrutura:
Módulo teórico asíncrono (30 h)
Este módulo estará composto por pílulas formativas de entre 3 e 8 horas de duración a través das cales exporanse os contidos formativos que estarán desagregados en 4 temas vinculados á materia. En concreto:
Módulo 1. Contextualización e previos á igualdade retributiva
- Marco legal e social da igualdade retributiva.
- A necesidade de abordar a igualdade retributiva na organización.
- Conceptos e aspectos clave a ter en conta antes de abordar a auditoría retributiva.
Módulo 2. A valoración de postos de traballo
- Inputs previos para a valoración de postos de traballo:
– Sistema retributivo da empresa.
– A descrición de postos de traballo. Estrutura e contido mínimo desde un punto de vista práctico.
– Como abordar a descrición dun posto de traballo.
– Principais aspectos a ter en conta. - A valoración de postos de traballo:
– Os métodos de valoración de postos cualitativos e cuantitativos.
– A valoración de postos no contexto do RD 902/2020.
– Como empregar a ferramenta de valoración do Ministerio de Traballo e Economía Social.
– A comprensión práctica dos diferentes sistemas de valoración de postos de traballo cuantitativo. Como auditar un sistema xa existente na organización?
Módulo 3. O rexistro retributivo
- O contido do rexistro retributivo no RD 902/2020 e no ET.
- Principais criterios a ter en conta antes de impulsar a elaboración do rexistro retributivo:
– Os postos de igual valor e o rexistro retributivo.
– Persoas a incorporar no RR.
– As percepcions realmente satisfeitas.
– A natureza das distintas percepcions: salario base, complementos salariais e complementos extrasalariais.
– Desagregar a información por sexo e por grupos profesionais, categorías profesionais ou postos de traballo igualis ou de igual valor.
– Dereito de información das persoas traballadoras.
– Obriga de xustificación das diferencias salariais.
– Dereito de transparencia retributiva.
– A obriga de incorporar os datos do RR como parte da auditoría retributiva, que forma parte da diagnose do plan de igualdade.
- O rexistro retributivo coa ferramenta do Ministerio.
- O rexistro retributivo da auditoría retributiva.
Módulo 4. A auditoría retributiva
- A auditoría retributiva. Estrutura, alcance e obxectivos.
- A recompilación de datos cualitativos e cuantitativos.
- Contido mínimo da diagnose retributiva.
- Análise cualitativa e cuantitativa doutros factores desencadeantes das diferenzas retributivas na organización.
- Extracción de conclusions e elaboración do plan de actuación.
- O informe de auditoría retributiva a incorporar na diagnose do plan de igualdade.
Titorías en liña (5 h)
Estas sesions en liña levaranse a cabo os días 04 e 11 de maio en horario de 16:30 a 19:00 horas. Estas titorías teñen carácter voluntario debido á exixencia técnica do curso que require do alumnado un traballo efectivo de reflexión, análise e construcción.
Os requisitos para avanzar e posteriormente aprobar o curso formativo serán:
- Aprobar o test de avaliación que figura en cada un dos temas formativos. Será necesario superar este test de avaliación para avanzar ao seguinte módulo formativo.
- Aprobar o test de avaliación final unha vez superado os 4 módulos formativos.
Valoración de postos de traballo, rexistro e auditoría retributiva
- 35 horas
- Do 23 de abril ao 23 de xuño do 2026
A quen vai dirixido?
Ás persoas que participan nos procesos de selección, contratación, negociación colectiva, avaliación da actividad preventiva, avaliación de postos de traballo e comunicación e, en xeral nos procesos e proxectos que se enmarcan no ámbito das relacións laborais na aplicación do principio de igualdade.
Coñecementos requiridos
Será requisito imprescindible para acceder a esta formación ter superado:
- O curso básico de igualdade laboral de 8 horas
- O curso avanzado de igualdade laboral de 35 horas
Carácter preferente
Por orde de inscrición, darase preferencia ás persoas traballadoras por conta allea ou por conta propia.
Duración
Entre o 23/04/2026 e o 23/06/2026.
Para a súa realización disporanse das 24 horas do día, todos os días da semana.
Inscrición
O prazo de inscrición finaliza o 21 de abril de 2026.
- 4 temas (35 horas)
- En liña
- Idioma: galego
- Certificado de aproveitamento ao completar o curso




