Formación en liña de 2 horas en materia de Igualdade Laboral a través da cal se pretende afondar sobre a integración da igualdade na comunicación interna e externa inclusiva e non sexista.
2 horas
En liña
Idioma: galego
Certificado de aproveitamento ao completar o taller
Docentes
Noelia López Álvarez, Consultora de Igualdade e RSE. IntheMOVE. Consultoría de Estrategia Responsable e Innovación Social
Aprende ao teu ritmo
O taller formativo levarase a cabo a través dunha sesión en liña que se celebrará o 10 de decembro de 2025 en horario de tarde (de 16:30 a 18:30 h), permitindo que as persoas participantes intercambien coñecementos e experiencias entre elas.
Que inclúe este taller?
A transversalidade do principio de igualdade a través da linguaxe
Técnicas comunicación non sexista e inclusiva
Accións de comunicación interna: o noso persoal.
Accións de comunicación externa: clientela, empresas provedoras e resto de grupos de interese.
Cal é a estrutura e o desenvolvemento deste curso formativo?
A duración desta sesión será de 2 horas e adecuaranse á seguinte estrutura:
16:00 – 16:10 h Presentación do taller
Pablo Fernández López. Secretario Xeral de Emprego e Relacións Laborais da Xunta de Galicia
16:10 – 18:15 h A linguaxe e a comunicación interna e externa inclusiva
Noelia López Álvarez. Consultora de Igualdade e RSE. IntheMOVE, Consultoría de Estrategia Responsable e Innovación Social
18:15 – 18:30 h Rolda de consultas
Se quere obter o certificado de aproveitamento do taller, ademais de ter asistido á sesión en liña, deberá responder satisfactoriamente, polo menos o 70 % das cuestións expostas no test de avaliación que estará a súa disposición no Campus en liña.
Duración
Entre o 10/12/2025 e o 17/12/2025.
O taller levarase a cabo a través dunha sesión en liña que se celebrará o día 10 de decembro de 2025 de 16:30 a 18:30 h.
Ase mesmo, as persoas participantes terán ata o mércores 17 de decembro de 2025 para responder o test de avaliación posto a súa disposición a través do campus en liña. Para a súa realización se disporá das 24 horas do día, todos os días da semana.
Inscrición
O prazo de inscrición finaliza o 9 de decembro de 2025 ás 23:59 horas.
Prazas limitadas.
Quero inscribirme ao taller.