Curso teórico sobre a valoración de postos de traballo, o rexistro e a auditoría retributiva (35h)

Todo o que debes coñecer sobre a valoración de postos de traballo, o rexistro e a auditoría retributiva

Este curso de 35 horas de duración, totalmente gratuíto, permitirá, as persoas participantes afondar na igualdade retributiva, a valoración de postos de traballo, o rexistro retributivo e a auditoría retributiva.

Docente

María Hermo Rodríguez, CEO e directora de proxectos de talento, compensación e igualdade retributiva de Top Managemente Consulting (Grupo Galejobs).

Aprende ao teu ritmo

O curso estará composto por contido teórico asíncrono e unhas tutorías en liña, co obxectivo de que a experiencia do alumnado sexa a máis satisfactoria posible, permitindo que as persoas participantes poidan aprender ao seu propio ritmo e horario e, ao mesmo tempo, teñan a oportunidade de intercambiar coñecementos e experiencias e interactuar entre elas.

O alumnado poderá acceder aos distintos contidos teóricos formativos e as pílulas audiovisuais do curso durante o período de vixencia do mesmo.

Que inclúe este curso?

Este curso formativo estará composto por 4 módulos formativos:

Cual es la estructura y el desarrollo de este curso formativo?

O curso levarase a cabo entre o 1 de outubro e o 1 de decembro do 2025 e constará dunha parte pre-gravada en liña (actividade asíncrona) e unhas titorías en liña que terán carácter voluntario.

A duración do curso será de 35 horas e adecuarase á siguinte estrutura:

Módulo teórico asíncrono (30 h)

Este módulo estará composto por pílulas formativas de entre 3 e 8 horas de duración a través das cales exporanse os contidos formativos que estarán desagregados en 4 temas vinculados á materia. En concreto:

Módulo 1. Contextualización e previos á igualdade retributiva

  • Marco legal e social da igualdade retributiva.
  • A necesidade de abordar a igualdade retributiva na organización.
  • Conceptos e aspectos clave a ter en conta antes de abordar a auditoría retributiva.

Módulo 2. A valoración de postos de traballo

  • Inputs previos para a valoración de postos de traballo:
    – Sistema retributivo da empresa.
    – A descrición de postos de traballo. Estrutura e contido mínimo desde un punto de vista práctico.
    – Como abordar a descrición dun posto de traballo.
    – Principais aspectos a ter en conta.
  • A valoración de postos de traballo:
    – Os métodos de valoración de postos cualitativos e cuantitativos.
    – A valoración de postos no contexto do RD 902/2020.
    – Como empregar a ferramenta de valoración do Ministerio de Traballo e Economía Social.
    – A comprensión práctica dos diferentes sistemas de valoración de postos de traballo cuantitativo. Como auditar un sistema xa existente na organización?

Módulo 3. O rexistro retributivo

  • O contido do rexistro retributivo no RD 902/2020 e no ET.
  • Principais criterios a ter en conta antes de impulsar a elaboración do rexistro retributivo:
    – Os postos de igual valor e o rexistro retributivo.
    – Persoas a incorporar no RR.
    – As percepcions realmente satisfeitas.
    – A natureza das distintas percepcions: salario base, complementos salariais e complementos extrasalariais.
    – Desagregar a información por sexo e por grupos profesionais, categorías profesionais ou postos de traballo igualis ou de igual valor.
    – Dereito de información das persoas traballadoras.
    – Obriga de xustificación das diferencias salariais.
    – Dereito de transparencia retributiva.
    – A obriga de incorporar os datos do RR como parte da auditoría retributiva, que forma parte da diagnose do plan de igualdade.
  • O rexistro retributivo coa ferramenta do Ministerio.
  • O rexistro retributivo da auditoría retributiva.

Módulo 4. A auditoría retributiva

  • A auditoría retributiva. Estrutura, alcance e obxectivos.
  • A recompilación de datos cualitativos e cuantitativos.
  • Contido mínimo da diagnose retributiva.
  • Análise cualitativa e cuantitativa doutros factores desencadeantes das diferenzas retributivas na organización.
  • Extracción de conclusions e elaboración do plan de actuación.
  • O informe de auditoría retributiva a incorporar na diagnose do plan de igualdade.

Titorías en liña (5 h)

Estas sesions en liña levaranse a cabo os días 10 e 17 de novembro en horario de 16:30 a 19:00 horas. Estas titorías teñen carácter voluntario debido á exixencia técnica do curso que require do alumnado un traballo efectivo de reflexión, análise e construcción.

Os requisitos para avanzar e posteriormente aprobar o curso formativo serán:

  • Aprobar o test de avaliación que figura en cada un dos temas formativos. Será necesario superar este test de avaliación para avanzar ao seguinte módulo formativo.
  • Aprobar o test de avaliación final unha vez superado os 4 módulos formativos.

Valoración de postos de traballo, rexistro e auditoría retributiva

A quen vai dirixido?

Ás persoas que participan nos procesos de selección, contratación, negociación colectiva, avaliación da actividad preventiva, avaliación de postos de traballo e comunicación e, en xeral nos procesos e proxectos que se enmarcan no ámbito das relacións laborais na aplicación do principio de igualdade.

Coñecementos requiridos

Será requisito imprescindible para acceder a esta formación ter superado:

  • O curso básico de igualdade laboral de 8 horas
  • O curso avanzado de igualdade laboral de 35 horas 

Carácter preferente

Por orde de inscrición, darase preferencia ás persoas traballadoras por conta allea ou por conta propia.

Duración

Entre o 01/10/2025 e o 01/12/2025.
Para a súa realización disporanse das 24 horas do día, todos os días da semana.

Inscrición

O prazo de inscrición finaliza o 26 de setembro de 2025.

Más cursos online