Formación en liña de 2 horas en materia de Igualdade Laboral a través da cal se pretende concienciar e sensibilizar sobre o impacto que as situacións de violencia de xénero teñen no ámbito laboral, proporcionando ferramentas e coñecementos prácticos para poder identificar, intervenir e actuar adecuadamente en contextos onde conviven agresores e vítimas, fomentando contornas de traballo seguras, respetuosas e inclusivas.
Presencial e por streaming
Idioma: galego
Certificado de aproveitamento ao completar o taller
Relatora
Mónica González Otero, Inspectora de Traballo e Seguridade Social
Aprende ao teu ritmo
O taller formativo levarase a cabo a través dunha sesión presencial que será retrasmitida tamén por streaming e que terá lugar o 26 de xuño de 2025 en horario de tarde (de 16:30 a 18:30h), permitindo que as persoas participantes intercambien coñecementos e experiencias entre elas.
Que inclúe este taller?
Definir e detectar a violencia de xénero
Dar ferramentas para proceder se es vítima de violencia de xénero
Identificar os dereitos e recursos no ámbito laboral
Abordar a violencia de xénero como eixe de prevención de riscos laborais
Cal é a estructura e o desenvolvemento deste curso formativo?
A duración desta sesión será de 2 horas e adecuarase á seguinte estrutura:
16:00 – 16:30 h Café de benvida
16:30 – 16:35 h Presentación da xornada
Pablo Fernández López. Secretario Xeral de Emprego e Relacións Laborais da Xunta de Galicia
16:35 – 18:15 h Prevención e recoñecemento da violencia de xénero na contorna de traballo
Mónica González Otero. Inspectora de Traballo e Seguridade Social
18:15 – 18:30 h Rolda de consultas
Para inscribirse á xornada presencial e consultar o programa debe clikar AQUÍ e para seguir a sesión por streaming encontrará indicacións ao inscribirse no taller.
Se quere obter o certificado de aproveitamento do taller, ademáis de asistir á xornada, presencialmente ou por streaming, deberá responder satisfactoriamente, polo menos ao 70 % das cuestións expostas no test de avaliación que estará a súa disposición no Campus en liña.
Duración
Entre o 26/06/2025 e o 03/07/2025.
O taller levarase a cabo a través dunha sesión presencial e que retrasmitirase tamén por streaming, que se celebrará o día 26 de xuño de 2025 de 16:30 a 18:30 h.
Así mesmo, as persoas participantes terán ata o xoves 3 de xullo de 2025 para responder ao test de avaliación posto a súa disposición a través do campus en liña. Para a súa realización disporase das 24 horas do día, todos os días da semana.
Inscrición
O prazo de inscrición finaliza o 25 de xuño de 2025 ás 23:59 horas.
Prazas limitadas.
Quero incribirme ao taller.