A aplicación da perspectiva de xénero no proceso de selección e a contratación nas empresas

Formación en liña de 4 horas en materia de Igualdade Laboral a través da cal se pretende afondar na aplicación do principio de presencia equilibrada de mulleres e homes nos procesos de selección e na contratación.

  • 4 horas
  • En liña e ao teu ritmo
  • Dispoñible no teu móbil
  • Idioma: galego
  • Certificado de aproveitamento ao completar o taller

Docentes

Marta Fernández Prieto, Profesora de dereito do traballo e da seguridade social da Universidade de Vigo

María Ángeles García Pérez, Consultora especializada en materia de igualdade laboral

Aprende ao teu ritmo

O taller formativo levarase a cabo a través dunha sesión en liña que se celebrará o 27 de maio de 2025 en horario de tarde (de 16:00 a 20:00 h), permitindo que as persoas participantes intercambien coñecementos e experiencias entre elas.

Que inclúe este curso?

  Implantación de sistemas obxectivos de selección de persoal e contratación

  Criterios de aplicación do principio de igualdade na elaboración das ofertas de emprego

  Criterios de aplicación do principio de igualdade nos procesos de selección e contratación

  Requisitos das candidaturas a ofertar

  A importancia da elección de canles de difusión das candidaturas en empresas masculinizadas/feminizadas

  O principio de igualdade nas probas de selección

  A participación equilibrada nos procesos de selección de persoas candidatas

  Participación da representación das persoas traballadoras nos procesos de selección de persoal

  O acceso das mulleres a postos de dirección e responsabilidade

  Análise de supostos discriminatorios nas probas de selección

 Supostos prácticos de contratación non igualitaria. Medidas prevista nos plans de igualdade.

Cal é a estrutura e o desenvolvemento deste curso formativo?

A duración deste taller será de 4 horas e este adecuarase á seguinte estrutura:

16:00 – 16:10 h Presentación do taller formativo.

Pablo Fernández López. Secretario Xeral de Emprego e Relacións Laborais da Xunta de Galicia

16:10 – 17:45 h Aplicación do principio de igualdade no proceso de selección e contratación do persoal.

Marta Fernández Prieto. Profesora de dereito do traballo e da seguridade social da Universidade de Vigo

17:45 – 18:00 h Rolda de consultas

18:00 – 18:10 h Descanso

18:10 – 19:45 h Supostos prácticos de contratación non igualitaria. Medidas previstas nos plans de igualdade.

María Ángeles García Pérez. Consultora especializada en materia de igualdade laboral

19:45 – 20:00 h Rolda de consultas

O único requisito para obter o certificado de aproveitamento do taller será asistir a sesión en liña e responder satisfactoriamente, polo menos o 70% das cuestións expostas no test de avaliación que estará dispoñible no campus en liña.

A quen vai dirixido?

Ás persoas que participan nos procesos de selección, contratación, negociación colectiva, avaliación da actividade preventiva, avaliación de postos de traballo e comunicación e, en xeral en procesos e proxectos que se enmarcan no ámbito das relacións laborais na aplicación do principio de igualdade.

Duración

Entre o 27/05/2025 e o 03/06/2025.
O taller levarase a cabo a través dunha sesión en liña que se celebrará o 27 de maio de 2025 de 16:00 a 20:00 h.

Ase mesmo, as persoas participantes terán ata o martes, 03 de xuño para responder o test de avaliación posto a súa disposición a través do campus en liña. Para a súa realización se disporá das 24 horas do día, todos os días da semana.

Inscrición

O prazo de inscrición finaliza o 26 de maio de 2025.
Prazas limitadas segundo orde de inscrición.