Formación en liña de 2 horas en materia de Igualdade Laboral a través da cal se pretende afondar sobre pronunciamentos do TJUE, o TS e os TSJ (sobre todo o galego) en materia de igualdade de xénero no ámbito laboral nos dous últimos anos
2 horas
Presencial e por streaming
Idioma: galego
Certificado de aproveitamento ao completar o taller
Relatores
Raquel Naveiro Santos, Maxistrada do Tribual Superior de Xustiza de Galicia
José Fernando Loursada Arochena, Maxistrado do Tribual Superior de Xustiza de Galicia
Aprende ao teu ritmo
O taller formativo levarase a cabo a través dunha sesión presencial que será retrasmitida tamén por streaming e que terá lugar o 6 de maio de 2025 en horario de tarde (de 16:30 a 18:30h), permitindo que as persoas participantes intercambien coñecementos e experiencias entre elas.
Que inclúe este taller?
Analizar os pronunciamentos sobre igualdade entre mulleres e homes no acceso ó emprego e nas condicións de traballo
Analizar os pronunciamentos sobre igualdade retributiva entre mulleres e homes
Analizar os pronunciamentos sobre dereitos de maternidade, paternidade e conciliación
Analizar os pronunciamentos sobre violencia de xénero no traballo
Analizar os pronunciamentos sobre igualdade de xénero na seguridade social
Cal é a estrutura e o desenvolvemento deste curso formativo?
A duración desta sesión será de 2 horas e adecuarase á seguinte estrutura:
16:00 – 16:30 h Café de benvida
16:30 – 16:35 h Presentación da xornada
Pablo Fernández López. Secretario Xeral de Emprego e Relacións Laborais da Xunta de Galicia
16:35 – 18:15 h Novidades xurisprudenciais sobre a igualdade de xénero no ámbito laboral
Raquel María Naveiro Santos. Maxistrada do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia
José Fernando Lousada Arochena. Maxistrado do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia
18:15 – 18:30 h Rolda de consultas
Para inscribirse á xornada presencial e consultar o programa debe clikar AQUÍ e para seguir a sesión por streaming encontrará indicacións ao inscribirse no taller.
Se quere obter o certificado de aproveitamento do taller, ademáis de asistir á xornada, presencialmente ou por streaming, deberá responder satisfactoriamente, polo menos ao 70 % das cuestións expostas no test de avaliación que estará a súa disposición no Campus en liña.
Duración
Entre o 06/05/2025 e o 13/05/2025.
O taller levarase a cabo a través dunha sesión presencial e que se retrasmitirá tamén por streaming, que se celebrará o día 6 de maio de 2025 de 16:30 a 18:30 h.
Así mesmo, as persoas participantes terán ata o martes 13 de maio de 2025 para responder ao test de avaliación posto a súa disposición a través do campus en liña. Para a súa realización disponrase das 24 horas do día, todos os días da semana.
Inscrición
O prazo de inscrición finaliza o 5 de maio de 2025 ás 23:59 horas.
Prazas limitadas.
Quero incribirme ao taller.