Formación en liña de 4 horas en materia de Igualdade Laboral a través da cal se pretende afondar sobre o marco normativo do principio de igualdade e a igualdade na negociación colectiva.
- 4 horas
- En liña e ao teu ritmo
- Dispoñible no teu móbil
- Idioma: galego
- Certificado de aproveitamento ao completar o taller
Docentes
Jaime Cabeza Pereiro, Profesor catedrático de Dereito do traballo e da Seguridade Social da Universidade de Vigo
Teresa Pedrosa Silva, Inspectora de traballo e Seguridade Social
Aprende ao teu ritmo
O taller formativo levarase a cabo a través dunha sesión en liña que se celebrará o 14 de marzo de 2025 en horario de mañá (de 09:30 a 13:30 h), permitindo que as persoas participantes intercambien coñecementos e experiencias entre elas.
Que inclúe este curso?
Normativa en materia de igualdade:
– Marco internacional: Nacións Unidas, Consello de Europa e Unión Europea
– Normativa estatal
– Normativa autonómica
Medidas en materia de igualdade en empresas de menos de 50 persoas traballadoras
Plans de igualdade. Principais novidades
Vantaxes de ter un plan
Negociación colectiva: lexitimación e participación
Cómputo de persoas traballadoras
Comisión de seguimento
Revisión do plan de igualdade
Cal é a estrutura e o desenvolvemento deste curso formativo?
A duración deste taller será de 4 horas e este adecuarase á seguinte estrutura:
- 09:30 – 09:45 h Presentación do taller formativo. Pablo Fernández López. Secretario Xeral de Emprego e Relacións Laborais da Xunta de Galicia
- 09:45 – 11:15 h Normativa e concepto de plan de igualdade. Teresa Pedrosa Silva. Inspectora de Traballo e Seguridade Social
- 11:15 – 11:30 h Rolda de consultas
- 11:30 – 11:45 h Descanso
- 11:44 – 13:15 h Negociación colectiva: lexitimación e participación. Jaime Cabeza Pereiro. Profesor catedrático de Dereito do traballo e da Seguridade Social da Universidade de Vigo
- 13:15 – 13:30 h Rolda de consultas
O único requisito para obter o certificado de aproveitamento do taller será asistir a sesión en liña e responder satisfactoriamente, polo menos o 70% das cuestións expostas no test de avaliación que estará dispoñible no campus en liña.
A quen vai dirixido?
Ás persoas que participan nos procesos de selección, contratación, negociación colectiva, avaliación da actividade preventiva, avaliación de postos de traballo e comunicación e, en xeral en procesos e proxectos que se enmarcan no ámbito das relacións laborais na aplicación do principio de igualdade.
Duración
Entre o 14/03/2022 e o 21/03/2022.
O taller levarase a cabo a través dunha sesión en liña que se celebrará o 14 de marzo de 2025 de 09:30 a 13:30 horas.
Ase mesmo, as persoas participantes terán ata o venres 21 de marzo para responder o test de avaliación posto a súa disposición a través do campus en liña. Para a súa realización se disporá das 24 horas do día, todos os días da semana.
Inscrición
O prazo de inscrición finaliza o 13 de marzo de 2025.
Prazas limitadas segundo orde de inscrición.