Formación en liña de 4 horas en materia de Igualdade Laboral a través da cal se pretende afondar sobre a orixe socio cultural das diferenzas por razón de xénero e de sexo. Conceptos e datos estatísticos.
- 4 horas
- En liña e ao teu ritmo
- Dispoñible no teu móbil
- Idioma: galego
- Certificado de aproveitamento ao completar o taller
Docente
Mónica González Otero, Inspectora de traballo e seguridade social
Aprende ao teu ritmo
O taller levarase a cabo a través dunha sesión en liña que se celebrará o 10 de febreiro de 2025 en horario de tarde (de 16:00 a 20:00 h), permitindo que as persoas participantes intercambien coñecementos e experiencias entre elas.
Que inclúe este curso?
A construción social e cultural: o xénero
O xénero: determinación dos comportamentos, as expectativas, os roles, as tarefas, os mandatos sociais e o poder que se asigna ás persoas en función do sexo asignado e de se é considerado home ou muller
Sistema sexo-xénero
División sexual do traballo
Feminismo e novas masculinidades
Inclusión transversal da perspectiva de xénero
Conceptos:
– Androcentrismo
– Sexismo
– Feminismo
– Patriarcado
Emprego feminino/coidados. Datos estatísticos
A desigualdade no mercado de traballo: datos estatísticos que a explican
A fenda salarial e o teito de cristal. Causas destes fenómenos
Conciliación, traballo e familia
As mulleres no mercado laboral: ocupación e formación
A parcialidade na contratación
A división sexual do mercado de traballo (traballos feminizados e masculinizados)
A desigualdade perpetua: a fenda das pensións
Cal é a estrutura e o desenvolvemento deste curso formativo?
A duración deste taller será de 4 horas e este adecuarase á seguinte estrutura:
- 16:00 – 16:05 h Presentación do taller. Representante da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais da Xunta de Galicia
- 16:06 –17:35 h A construcción social e cultural. Mónica González Otero
- 17:35 – 17:55 h Rolda de consultas
- 17:55 – 18:05 h Descanso
- 18:05 – 19:35 h Emprego feminino. Datos estatísticos. Mónica González Otero
- 19:35 – 20:00 h Rolda de consultas
O único requisito para obter o certificado de aproveitamento do taller será asistir a sesión en liña e responder satisfactoriamente, polo menos o 70 % das cuestións expostas no test de avaliación que estará dispoñible no campus en liña.
A quen vai dirixido?
Ás persoas que participan nos procesos de selección, contratación, negociación colectiva, avaliación da actividade preventiva, avaliación de postos de traballo e comunicación e, en xeral en procesos e proxectos que se enmarcan no ámbito das relacións laborais na aplicación do principio de igualdade.
Duración
Entre o 10/02/2025 e o 17/02/2025.
O día 10 de febreiro levarase a cabo a sesión en liña e as persoas participantes terán ata o luns 17 de febreiro para responder o test de avaliación que figurará no campus en liña. Para a súa realización se disporá das 24 horas do día, todos os días da semana.
Inscrición
O prazo de inscrición finaliza o 7 de febreiro de 2025.
Prazas limitadas segundo orde de inscrición.