Formación en liña de 2 horas en materia de Igualdade Laboral a través da cal facilitarase ao tecido empresarial, aos e ás profesionais do sector e ás persoas traballadoras interesadas unha aproximación ás obrigas derivadas da Lei 2/2023, de 20 de febreiro, reguladora da protección das persoas que informen sobre infraccións normativas e de loita contra a corrupción, e orientacións para integrar o sistema interno de información e os protocolos ou procedementos existentes nas empresas para a prevención e actuación fronte ao acoso.
2 horas
En liña
Idioma: galego
Certificado de aproveitamento ao completar o taller
Docente
Sandra García Lombardía, Inspectora de Traballo e Seguridade Social
Aprende ao teu ritmo
O taller formativo levarase a cabo a través dunha sesión en liña que se celebrará o 3 de decembro de 2024 en horario de tarde (de 16:00 a 18:00 h), permitindo que as persoas participantes intercambien coñecementos e experiencias entre elas.
Que inclúe este taller?
Aproximación á Lei 2/2023: antecedentes, finalidade e ámbito de aplicación
Sistema interno de información e canal de denuncias no sector privado e no sector público
Canais externos de información: Autoridade Independente de Protección do Informante (AAI) e Autoridade Galega de Protección da Persoa Informante.
Medidas de protección das persoas informantes
Protección de datos persoais
Responsabilidades administrativas e penais
Protocolos de actuación fronte aos delitos e conductas contra a integridade moral e a liberdade sexual no traballo.
Protocolos de actuación fronte ao acoso e a violencia contra as persoas LGTBI nas empresas.
Cal é a estrutura e o desenvolvemento deste curso formativo?
A duración desta sesión será de 2 horas e adecuaranse á seguinte estrutura:
16:00 – 16:10 h Presentación do taller
Representante da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais da Xunta de Galicia
16:10 – 17:45 h Canle de denuncia e protocolos de actuación fronte ao acoso
Sandra García Lombardía, Inspectora de Traballo e Seguridade Social
17:45 – 18:00 h Rolda de consultas
Se quere obter o certificado de aproveitamento do taller, ademais de ter asistido á sesión en liña, deberá responder satisfactoriamente, polo menos o 70 % das cuestións expostas no test de avaliación que estará a súa disposición no Campus en liña.
Duración
Entre o 03/12/2024 e o 10/12/2024.
O taller levarase a cabo a través dunha sesión en liña que se celebrará o día 3 de decembro de 2024 de 16:00 a 18:00 h.
Ase mesmo, as persoas participantes terán ata o martes 10 de decembro de 2024 para responder o test de avaliación posto a súa disposición a través do campus en liña. Para a súa realización se disporá das 24 horas do día, todos os días da semana.
Inscrición
O prazo de inscrición finaliza o 29 de novembro de 2024 ás 23:59 horas.
Prazas limitadas.
Quero inscribirme ao taller.