Curso sobre valoración de postos de traballo, o rexistro e a auditoría retributiva (67 h)

Todo o que debes coñecer sobre a valoración de postos de traballo, o rexistro e auditoría retributiva

Este curso de 67 horas de duración, totalmente gratuíto, permitirá, ás persoas participantes afondar na igualdade retributiva, a valoración de postos de traballo, o rexistro e auditoría retributiva.

Docente

María Hermo Rodríguez, CEO e directora de proxectos de talento, compensación e igualdade retributiva de Top Managemente Consulting (Grupo Galejobs).

Aprende ao teu ritmo

O curso estará composto por contido teórico e práctico que combinan elementos e actividades síncronas e asíncronas co obxectivo de que a experiencia do alumnado sexa a máis satisfactoria posible, permitindo que as persoas participantes poidan aprender ao seu propio ritmo e horario e, ao memo tempo, teñan a oportunidade de intercambiar coñecementos e experiencias e interactuar entre elas.

O alumnado poderá acceder aos distintos contidos teóricos formativos e ás pílulas audiovisuais do curso durante o período de vixencia do mesmo.

Que inclúe este curso?

Este curso formativo estará composto por 4 módulos formativos:

Cal é a estrutura e o desenvolvemento deste curso formativo?

O curso levarase a cabo entre o 25 de novembro de 2024 e o 25 de abril do 2025 e constará dunha parte pre-gravada en liña (actividades asíncronas), unha parte práctica presencial (actividad síncrona) que será retransmitida tamén por streaming e unha tutorías en liña que terán carácter voluntario.

A duración do curso será de 67 horas e adecuarase á seguinte estrutura:

Módulo teórico-práctico asíncrono (25 h)

Este módulo estará compuesto por pílulas formativas de entre 3 e 8 horas de duración a través das cales se exporán os contidos formativos que estarán desagregados nos 4 temas vinculados á materia. En concreto:

Módulo 1. Contextualización e previos á igualdade retributiva

  • Marco legal e social da igualdade retributiva.
  • A necesidade de abordar a igualdade retributiva na organización.
  • Conceptos e aspectos clave a ter en conta antes de abordar a auditoría retributiva.

Módulo 2. A valoración de postos de traballo

  • Inputs previos para a valoración de postos de traballo:
    – Sistema retributivo da empresa.
    – A descrición de postos de traballo. Estrutura e contido mínimo desde un punto de vista práctico.
    – Como abordar a descrición dun posto de traballo.
    – Principais aspectos a ter en conta.
  • A valoración de postos de traballo
    – Os métodos de valoración de postos cualitativos e cuantitativos
    – A valoración de postos no contexto do RD 902/2020
    – Como empregar a ferramenta de valoración do Ministerio de Traballo e Economía Social.
    – A comprensión práctica dos diferentes sistemas de valoración de postos de traballo cuantitativo. Como auditar un sistema xa existente na organización?

Módulo 3. O rexistro retributivo

  • O contido do rexistro retributivo no RD 902/2020 e no ET
  • Principais criterios a ter en conta antes de impulsar a elaboración do rexistro retributivo
    – Os postos de igual valor e o rexistro retributivo
    – Persoas a incorporar no RR
    – As percepcións realmente satisfeitas
    – A natureza das distintas percepcións: salario base, complementos salariais e complementos extrasalariais
    – Desagregar a información por sexo e por grupos profesionais, categorías profesionais ou postos de traballo iguais ou de igual valor
    – Dereito de información das persoas traballadoras
    – Obriga de xustificación das diferencias salariais
    – Dereito de transparencia retributiva
    – A obriga de incorporar os datos do RR como parte da auditoría retributiva, que forma parte do diagnóstico del plan de igualdade
  • O rexistro retributivo coa ferramenta do Ministerio
  • O rexistro retributivo da auditoría retributiva

Módulo 4. A auditoría retributiva

  • A auditoría retributiva. Estrutura, alcance e obxectivos
  • A recompilación de datos cualitativos e cuantitativos
  • Contido mínimo do diagnóstico retributivo
  • Análise cualitativo e cuantitativo doutros factores desencadeantes das diferencias retributivas na organización
  • Extracción de conclusións e elaboración do plan de actuación
  • O informe de auditoría retributiva a incorporar na diagnose do plan de igualdade

Módulo práctico síncrono (32 h)

Este módulo estará compuesto por sesións que desenvolveranse en modalidade presencial os días 24 e 26 de febreiro, o 10, 12, 24 e 26 de marzo e o 7 e 9 de abril en horario de 16:00 a 20:00 horas e que tamén serán retrasmitidas en directo para aquelas persoas que non poidan asistir de maneira física ao lugar de impartición. Así mesmo, o alumnado terá a súa disposición no campus ás gravacións das sesións para repasar os contidos traballados.

Presencialmente a formación levarase a cabo nas instalacións do Centro de orientación, Emprendemento, Acompañamento e Innovación para o Emprego de Galicia (Centro COE Galicia) sito no baixo da calle Rafael Alberti nº 4 da Coruña.

Nestas sesións prácticas as persoas participantes adquirirán a capacidade de afrontar, acorde á normativa actual, o deseño e desenrolo da VPT, rexistro e auditoría retributiva, así como as destrezas prácticas no uso das ferramentas do Ministerio.

Titorías en liña (10 h)

Estas sesións en liña levaranse a cabo os días 14, 21 e 28 de xaneiro e o 4 e 11 de febreiro en horario de 16:00 a 18:00 horas. Estas titorías teñen carácter voluntario debido a esixencia técnica do curso e xa que o caso práctico require do alumnado un traballo efectivo de reflexión, análise e construción.

Os requisitos para avanzar e posteriormente aprobar o curso formativo serán:

  • Aprobar o test de avaliación que figura en cada un dos temas formativos. Será necesario superar os tests de avaliación para avanzar nos módulos formativos.
  • Aprobar o test teórico- práctico de avaliación final unha vez superado os 4 módulos formativos.
  • Asistir, presencialmente ou por streaming, ás clases prácticas programadas.
  • Realizar e entregar o caso práctico sobre auditoría retributiva.

Valoración de postos de traballo, rexistro e auditoría retributiva

A quen vai dirixido?

Ás persoas que participan nos procesos de selección, contratación, negociación colectiva, avaliación da actividade preventiva, avaliación de postos de traballo e comunicación e, en xeral en procesos e proxectos que se enmarcan no ámbito das relacións laborais na aplicación do principio de igualdade.

Coñecementos requiridos

Será requisito imprescindible para acceder a esta formación ter superado:

  • O curso básico de igualdade laboral de 8 horas
  • O curso avanzado de igualdade laboral de 35 horas

Ase mesmo, é recomendable dispoñer de coñecementos básicos na ferramenta Excel.

Carácter preferente

Hai un total de 100 prazas!
Por orde de inscrición, darase prefencia ás persoas traballadoras por conta allea ou por conta propia.

Duración

Entre o 25/11/2024 e o 25/04/2025.
Para a súa realización disporase das 24 horas do día, todos os días da semana.

Inscrición

O prazo de inscrición finaliza o 21 de novembro de 2024.

Máis cursos en liña