Como actuar fronte á violencia de xénero no ámbito laboral

Formación en liña de 2 horas en materia de Igualdade Laboral a través da cual se pretende presentar a Guía de indicios para a deteción de vítimas de violencia de xénero para as empresas, que foi impulsada pola Direción Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero e a Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais da Xunta de Galicia, e que pretende dar apoio ás empresas e ás persoas traballadoras na prevención e a erradicación da violencia de xénero e as violencias contra as mulleres.

2 horas

Presencial e por streaming

Idioma: galego

Certificado de aproveitamento ao completar o taller

Relatoras

María Ángeles García, Consultora especializada en materia de igualdade laboral

Lucía Rial Pampín, Formadora e asesora en materia de igualdade e RRHH

Elena Mancha Montero de Espinosa, Inspectora de Traballo e Seguridade Social

Aprende ao teu ritmo

O taller formativo levarase a cabo a través dunha sesión presencial que será retrasmitida tamén por streaming e que terá lugar o 22 de outubro de 2024 en horario de tarde (de 16:30 a 18:30 h), permitindo que as persoas participantes intercambien coñecementos e experiencias entre elas.

Que inclúe este taller?

Como actuar fronte á violencia de xénero no ámbito laboral

O papel das empresas e persoas traballadoras na loita contra a violencia de xénero

Prevención e actuación fronte á violencia de xénero no ámbito laboral

Cal é a estrutura e o desenvolvemento deste curso formativo?

A duración desta sesión será de 2 horas e adecuarase á seguinte estrutura:

16:30 – 16:40 h Presentación da xornada

Pablo Fernández López. Secretario Xeral de Emprego e Relacións Laborais da Xunta de Galicia
Roberto Barba Alvedro. Director Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero da Xunta de Galicia

16:40 – 18:15 h Como actuar fronte á violencia de xénero no ámbito laboral. Guía de indicios para a deteción de vítimas de violencia de xénero para as empresas

María Ángeles García. Consultora especializada en materia de igualdade laboral
Lucía Rial Pampín. Formadora e asesora en materia de igualdade e RRHH
Elena Mancha Montero de Espinosa. Inspectora de Traballo e Seguridade Social

18:15 – 18:30 h Rolda de consultas

18:30 – 19:o0 h Sesión networking

Para inscribirse á xornada presencial e consultar o programa debe premer AQUÍ e para seguir a sesión por streaming encontrará indicacións ao inscribirse no taller.

Se quere obter o certificado de aproveitamento do taller, ademáis de asistir á xornada, presencialmente ou por streaming, deberá responder satisfactoriamente, polo menos ao 70 % das cuestións expostas no test de avaliación que estará a súa disposición no Campus en liña.

Duración

Entre o 22/10/2024 e o 29/10/2024.
O taller levarase a cabo a través dunha sesión presencial e que se retrasmitirá tamén por streaming, que se celebrará o día 22 de outubro de 2024 de 16:30 a 18:30 h.

Así mesmo, as persoas participantes terán ata o martes 29 de outubro de 2024 para responder ao test de avaliación posto a súa disposición a través do campus en liña. Para a súa realización disporase das 24 horas do día, todos os días da semana.

Inscrición

O prazo de inscrición finaliza o 21 de outubro de 2024 ás 23:59 horas.

Prazas limitadas.
Quero incribirme ao taller.