8º Edición: Curso avanzado en igualdade laboral (35 h)
Todo o que debes coñecer sobre á nova normativa estatal en materia de igualdade
Formación en liña de 35 horas en materia de Igualdade Laboral a través da cal se pretende facilitar ao tecido empresarial a incorporación da igualdade laboral, afondado nos coñecementos necesarios en todos os aspectos que conleva a elaboración dun plan de igualdade.
Tratase dunha ampliación do contido do curso básico de igualdade laboral de 8 horas de duración no que se profundará sobre as temáticas desenvoltas no mesmo:
- Negociación do Plan de Igualdade
- Contido do Plan de Igualdade. Seguimento e avaliación
- Rexistro e auditoría retributiva
Docentes
- Ana Isabel Pérez Simal, Delegada de CCOO de Galicia
- Emma Rodríguez Rodríguez, Profesora de Dereito do traballo e da Seguridade Social da Universidade de Vigo
- Jaime Cabeza Pereiro, Profesor catedrático do Dereito do traballo e da Seguridade Social da Universidade de Vigo
- Teresa Pedrosa Silva, Inspectora de traballo e seguridade social
- Miryam Garabito Cociña, Xefa de sección de Hixiene Industrial e Técnicas Analíticas. Centro ISSGA Lugo. Xunta de Galicia
- Jose Fernando Lousada Arochena, Maxistrado no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia
- Sandra Garcia Lombardia, Inspectora de traballo e seguridade social
- Mónica González Otero, Inspectora de traballo e seguridade social
- Maria Del Carmen Sixto Vilas, Xefa de servizo de Relacións Laborais e Seguridade e Saúde Laboral da Consellería de Emprego e Igualdade. Xunta de Galicia
- Tania Bastón Vilas, Xefa da Unidade Administrativa de Igualdade da Dirección Xeral de Relacións Laborais
- María Hermo, Consultora especializada en materia de igualdade laboral do Grupo Galejobs
Aprende ao teu ritmo
O curso estará composto por unha parte teórica que consta de 7 módulos impartidos de forma pre-gravada e 3 clases prácticas en liña. O curso combinará actividades síncronas e asíncronas co obxectivo de que a experiencia do alumnado sexa o máis satisfactoria posible, permitindo que as persoas participantes poidan aprender ao seu propio ritmo e horario e, ao mesmo tempo, teñan a oportunidade de intercambiar coñecementos e experiencias e interactuar entre elas.
Que inclúe este curso?
- A aproximación á normativa en materia de igualdade nas relacións laborais e problemática actual
- Negociación e elaboración dos plans de igualdade
- A PRL con enfoque de xénero
- A igualdade retributiva. Rexistro e auditoría retributiva
- Medidas para fomentar a igualdade laboral
- Protocolos para loitar contra o acoso sexual e por razón de sexo
- O rexistro dos plans de igualdade
Cal é a estrutura e o desenvolvemento deste curso formativo?
A duración do curso será de 35 horas e este adecuarase á seguinte estrutura:
- Módulo teórico – Actividade asíncrona (27,5 horas)
- Módulo práctico – Actividade síncronas (7,5 horas)
Módulo teórico
Módulo 1: Conceptos básicos da igualdade de oportunidades. Ana Isabel Pérez Simal
Módulo 2: Aproximación á normativa en materia de igualdade nas relacións laborais e problemática actual. Emma Rodríguez Rodríguez
Módulo 3: Negociacións dos plans de igualdade. Plans de igualdade no ámbito público e privado. Emma Rodríguez Rodríguez e Jaime Cabeza Pereiro
Módulo 4: Contido do plan de igualdade
- A diagnose. Teresa Pedrosa Silva
- A PRL con enfoque de xénero. Miryam Garabito Cociña
- Charla maxistral sobre a Diagnose e a negociación dos plans. Jose Fernando Lousada Arochena
Módulo 5: Igualdade retributiva
- A igualdade retributiva. Sandra Garcia Lombardia
- Charla maxistral sobre a igualdade retributiva. Jose Fernando Lousada Arochena
Módulo 6: Acoso sexual, acoso psicolóxico e violencia de xénero no lugar de traballo
- A prevención e tratamento do acoso sexual e por razón de sexo no traballo. Sandra Garcia Lombardia
- Charla maxistral sobre o acoso sexual, acoso psicolóxico e violencia de xénero no lugar de traballo. Jose Fernando Lousada Arochena
Módulo 7: Medidas de igualdade. Seguimento e avaliación. A importancia do seguimento. Revisión do plan
- Plan de acción. Seguimento e avaliación. Mónica González Otero
- Charla maxistral sobre as medidas de igualdade. Jose Fernando Lousada Arochena
- Rexistro dos plans de igualdade. Maria Del Carmen Sixto Vilas
Módulo práctico
O módulo práctico levarase a cabo a través de sesións en liña nas que se traballará cada unha das partes do plan de igualdade.
En concreto, levaranse a cabo 3 sesións síncronas:
-
Clase práctica sobre informes de diagnose e medidas de igualdade
Tania Bastón Vilas
Martes 7 de maio de 2024 de 16.30 a 19:00 h -
Clase práctica sobre DPT e VPT
María Hermo
Xoves 23 de maio de 2024 de 15:30 a 18:00 h -
Clase práctica sobre rexitro e auditoría retributiva
María Hermo
Mércores 29 de maio de 2024 de 15:30 a 18:00 h
Igualdade Laboral
Nivel avanzado
- 35 horas
- Do 2 de abril ao 31 de maio de 2024
- Prazas limitadas segundo orde de inscrición
A quen vai dirixido?
Ás persoas que participan nos procesos de selección, contratación, negociación colectiva, avaliación da actividade preventiva, avaliación de postos de traballo e comunicación e, en xeral en procesos e proxectos que se enmarcan no ámbito das relacións laborais na aplicación do principio de igualdade.
Coñecementos requiridos:
Será requisito imprescindible para acceder a esta formación ter superado o curso básico de igualdade laboral de 8 horas.
Duración
Entre o 02/04/2024 e o 31/05/2024.
Para a súa realización se disporá das 24 horas do día, todos os días da semana.
Inscrición
O prazo de inscrición finaliza o 22 de marzo de 2024.
Prazas limitadas.
- 7 temas (35 horas)
- En liña e ao teu ritmo
- Dispoñible no teu móbil
- Idioma: galego
- Nivel: avanzado
- Certificado de aproveitamento ao completar o curso