Igualdade Laboral

Os estereotipos e os roles de xénero son a base da desigualdade laboral, e teñen como consecuencia que homes e mulleres non poidamos participar nas mesmas áreas da sociedade e non desempeñemos as mesmas tarefas.

Debido a eles e á división sexual do traballo as mulleres teñen maior responsabilidade que os homes no coidado e crianza das/os fillas/os e nas ocupacións domésticas, mentres que os homes dedícanse máis ás tarefas extra domésticas, que comprenden desde o ámbito económico e político ata o relixioso e o cultural.

O traballo é considerado un concepto exclusivo do campo da produción económica e o traballo reprodutivo, por tanto, non goza socialmente da consideración de traballo e non ten valor económico. As tarefas realizadas no fogar, xeralmente levadas a cabo polas mulleres (e dedicando moitas horas á súa realización) non son consideradas como traballo, a pesar de que cobren e satisfán moitas necesidades. Esta circunstancia inflúe notablemente na proporción do mercado laboral e, sobre todo, no nivel de oportunidades que dentro do mesmo se ofrece ás mulleres (dificultades de acceso ao mercado de traballo, paralización da súa promoción profesional, dificultades de acceso a determinados postos de responsabilidades e toma de decisións, condicións laborais menos favorables, etc.).

Esta situación de discriminación de xénero, ademais de atentar contra os dereitos humanos e a xustiza social, fai invisible o potencial das mulleres e desaproveita o talento que poden ofrecer ao ámbito da dirección, ademais de manter a segregación laboral e limitar o acceso pleno das mulleres ao ámbito do emprego.

Nos últimos anos producíronse moitos cambios lexislativos, políticos, sociais e laborais, que se producen concretamente no mercado laboral, para esixir ás empresas novas formas de xestión que garantan a súa competitividade, calidade e supervivencia integrando o Principio de Igualdade nas mesmas.

A desigualdade laboral fai necesario definir as estratexias necesarias para propiciar que as mulleres desenvolvan un papel máis activo en todos os ámbitos: público, económico e social. E estas estratexias requiren da implicación e da participación directa do conxunto do tecido empresarial como axente chave pola súa función, non só a nivel económico, senón tamén a nivel social, dado que en moitas ocasións, estes obstáculos e barreiras teñen a súa orixe na propia mentalidade, idiosincrasia e estereotipos perpetuados nas persoas que lideran as organizacións empresariais e que se traducen, en última instancia, na persistencia de situacións de desigualdade e de discriminacións.

Por tanto, a responsabilidade do tecido empresarial, como parte fundamental da economía e tamén da sociedade, é determinante para conseguir un cambio social real e atender ás novas esixencias sociais que implican a asunción e incorporación do principio de igualdade de oportunidades ás políticas empresariais e laborais.

Así, neste sentido, os plans de igualdade nas empresas son o punto de partida para conseguir a igualdade real de oportunidades e levar todas as súas medidas a todos os aspectos da xestión empresarial:

  • Selección
  • Contratación
  • Formación
  • Retribución
  • Promoción profesional
  • Conciliación
  • Condicións de traballo
  • Saúde laboral e protección da dignidade no traballo

Subscríbete ao noso boletín

E recibe todas as nosas novidades no teu correo electrónico.

Categorías

Novas

Toda a actualidade e información de interese no ámbito da igualdade laboral.
Medidas para conciliar a vida familiar e laboral en verán
15 Xullo 2021
O verán trae consigo un reto para nais e pais: a conciliación...
SEGUIR LENDO >
Cerca de 3.000 persoas asistiron no primeiro semestre deste ano a actividades formativas sobre igualdade laboral ofertadas pola Xunta
12 Xullo 2021
O Goberno galego organizou un total de...
SEGUIR LENDO >
Dirección Xeral de Relacións Laborais. Que somos e que facemos
02 Xullo 2021
En base aos criterios de eficacia que presiden a organización...
SEGUIR LENDO >
A Xunta avoga pola corresponsabilidade e a conciliación para mellorar o clima laboral, a retención do talento feminino e a vida familiar
23 Xuño 2021
A directora xeral de Relacións Laborais, Elena...
SEGUIR LENDO >

Subscríbete ao noso boletín

E recibe todas as nosas novidades no teu correo electrónico.