Esta guía aborda cuestións como o acoso sexual e por razón de sexo no traballo; as súas consecuencias; as obrigas das empresas, da representación legal das persoas traballadoras e das persoas traballadoras; a integración da prevención do acoso sexual e por razón de sexo na xestión da prevención de riscos laborais da empresa; o protocolo para a súa prevención e tratamento e a tutela administrativa e xudicial fronte a estas situacións.
Se queres coñecer en detalle todos os aspectos que trata esta guía sobre o acoso sexual e por razón de sexo no traballo preme nesta *ligazón.
Adicionalmente, podes descargarte cada un dos anexos que figuran na guía en formato editable:
- Anexo I – Modelo de declaración institucional / Declaración de principios / Compromiso da empresa ou entidade
- Anexo II – Protocolo para a prevención e tratamento das situacións de acoso sexual e por razón de sexo
- Anexo III – Modelo de denuncia por acoso sexual e por razón de sexo
- Anexo IV – Modelo de checklist ou cuestionario de autoavaliación das empresas en canto á prevención, tratamento e seguimento das situacións de acoso sexual e acoso por razón de sexo
- Anexo V – Modelo de cuestionario para a instrucción e investigación de denuncias ou queixas por acoso sexual ou por razón de sexo
- Anexo VI – Modelo de compromiso de confidencialidade das persoas que interveñen no proceso de tramitación e resolución das denuncias por acoso sexual e acoso por razón de sexo
- Anexo VII – Modelo de documento de consentimento informado para a participación na fase de entrevistas do procedemento e para tratamento de datos persoais
- Anexo VIII – Catálogo de dereitos vinculados á maternidade, paternidade e conciliación de vida persoal, familiar e laboral
- Anexo IX – Catálogo de dereitos laborais e de seguridade social das mulleres vítimas de violencia de xénero
- Anexo X – Proposta de documento informativo / divulgativo para o seu uso polas empresas: O acoso sexual e o acoso por razón de sexo: Coñece os teus dereitos e responsabilidades
*Sinalar que o documento atópase en proceso de actualización segundo as novidades existentes das ferramentas recentemente aprobadas polo Ministerio.