As medidas de conciliación responden a necesidades representadas en dous planos principais:

  • O coidado de familiares dependentes
  • O ámbito persoal e tempo libre

Cada empresa, en función das súas características e da súa realidade laboral debe introducir e desenvolver medidas e estratexias que posibiliten a conciliación destes aspectos coa xornada de traballo.

Ademais, para que isto sexa realmente efectivo, as medidas de conciliación deben ser aplicables tanto a mulleres como a homes, favorecendo así, de maneira indirecta a corresponsabilidade.

Para deseñar e implantar medidas de conciliación nas empresas, pódense seguir dous camiños:

  • Mellorar as condicións establecidas pola lei para favorecer a conciliación das persoas traballadoras (por exemplo, incrementando os días de permiso ou rebaixando os mínimos esixidos para optar a unha medida de conciliación).
  • Deseñar medidas completamente novas que non estean recollidas en ningunha norma de obrigado cumprimento (por exemplo, horario europeo, comedor de empresa...).

A continuación imos mostrar diferentes medidas que poden adoptar as empresas en temas de conciliación, independentes das que contempla a lei, agrupadas en 5 categorías: