Medidas que afectan ao lugar onde a/o profesional desenvolve o seu traballo e á adaptación deste ás súas necesidades.

Teletraballo.

Consiste no desempeño da actividade profesional sen presencia física na empresa durante todo ou gran parte do horario laboral, botando man das tecnoloxías da información e as comunicacións. A principal diferenza entre traballo a domicilio e teletraballo é o uso frecuente de métodos de procesamento electrónico de información e o uso permanente de algún medio de telecomunicación (acceso a internet, ordenador portátil, conexión ADSL, teléfono móbil...), para o contacto entre a persoa teletraballadora e a empresa.

Teleoficinas.

As empresas dispoñen de oficinas satélite distribuídas polas cidades ou no rural de forma que as persoas traballadoras fan uso da que mellor lles vai, tendo en conta a súa situación.