Lorenzana presenta o espazo de conciliación promovido no porto da Coruña pola Xunta de Galicia para axudar ás familias este Nadal

As instalacións, situadas no peirao do Parrote, abrirán en horario de mañá e tarde entre o 22 de decembro e o 5 de xaneiro e ofrecerán actividades de carácter deportivo, obradoiros de reciclaxe e paseos culturais, entre outras É de balde e está dirixida a rapazas e rapaces de 4 a 16 anos que deberán […]
A Xunta anima ao tecido produtivo coruñés a avogar pola responsabilidade social empresarial e a crear entornos laborais igualitarios e sustentables

A Coruña, 13 de decembro de 2022 A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, convidou hoxe na Confederación de Empresarios da Coruña (CEC), a pequenas e medianas empresas (pemes) e micropemes, a “dar o salto” á Responsabilidade Social Empresarial (RSE) e a respectar os criterios ASG (ambientais, sociais e de goberno corporativo) como valores […]
Taller formativo “A Corresponsabilidade: o eixe central da igualdade laboral”

Formación en liña de 4 horas en materia de Igualdade Laboral a través da cal se pretende afondar sobre o principio de igualdade na conciliación e no exercicio corresponsable das tarefas de coidado: a adaptación da xornada de traballo, a ordenación do tempo e a forma de prestación. 4 horas En liña e ao teu […]
A Xunta distinguirá o traballo das empresas en materia de responsabilidade social e conciliación

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, publicou hoxe no DOG a convocatoria dos Premios de Responsabilidade Social Empresarial de Galicia 2022 O Goberno galego quere recoñecer as boas prácticas de pequenas, medianas e grandes empresas en materia laboral-económica, ambiental e de acción social No eido da conciliación, outorgarase unha mención ás iniciativas que […]
A volta ao traballo tras a maternidade

A chegada dun bebé, a miúdo máis do desexado, implica unha interrupción na carreira ou unha transición ao traballo por conta propia ou a tempo parcial para as nais. Con todo, esta situación non se replica no caso dos pais, que xeralmente continúan nun emprego formal de tempo completo cando teñen unha familia. En 2020, […]
A Xunta destina este ano máis de 16 M€ a favorecer a conciliación e a corresponsabilidade

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, clausurou hoxe o IV Foro da Muller organizado pola asociación Empresarias de Galicia Destacou que a Xunta, a través da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, ten en marcha o Plan Emprega Muller con 35,8M€ de apoios integrais para a formación, o acceso, o mantemento, a […]
Familias e a conciliación

O próximo 15 de maio celébrase o Día Internacional das Familias. Trátase dunha celebración establecida en 1993 polas Nacións Unidas para remarcar o papel que desempeñan todas as familias na educación dos fillos e as fillas desde a infancia. Esta data ofrécenos a oportunidade de recoñecer, identificar e analizar cuestións sociais, económicas e demográficas que […]
Lorenzana destaca na súa visita a Congalsa que a área de Emprego e Igualdade da Xunta está a destinar máis de 16 M€ en 2022 para promover medidas de conciliación

Na súa visita de hoxe á firma pobrense, a conselleira de Emprego e Igualdade en funcións salientou que a Xunta está a crear, co diálogo social, unha certificación galega da excelencia para recoñecer as boas prácticas en materia de igualdade laboral A nova Lei da Igualdade na que traballa o Goberno galego outorgará un protagonismo […]
A Xunta apoia a igualdade laboral na editorial Kalandraka, unha das 122 empresas que recibiron axudas para a mellora da conciliación en 2021

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, visitou hoxe en Pontevedra as dependencias desta firma, da que puxo en valor as medidas implantadas en materia de igualdade de oportunidades na empresa A Xunta apoia este ano con 1,4 millóns de euros o desenvolvemento de medidas de conciliación e plans de igualdade nas empresas galegas […]
A Xunta insta a que se inclúan nas negociacións dos novos convenios colectivos materias como o teletraballo, a conciliación e a igualdade laboral

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, inaugurou hoxe por videoconferencia unha xornada sobre desafíos no novo contexto do traballo, organizada polo Consello Galego de Relacións Laborais A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, avogou hoxe por que os novos convenios colectivos melloren o actual marco de regulación laboral e inclúan materias que […]